Festas
As festas patronais de San Pedro, no municipio de Viveiro, celébranse o venres 26 e o sábado 27 de xuño.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas con churrascada amenizada polo grupo Fol do Raxal, a través do programa Tradigalu, da Deputación de Lugo. Despois haberá verbena amenizada pola orquestra Suavecito e o dúo Belinda.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación comezará a sesión vermú coa orquestra Escaparate e o grupo Lecer. Tamén haberá xantar popular e despois baile con Rackel DJ e JLO el Romántico. E na verbena actuarán a orquestra Escaparate e o grupo Lecer.
A parroquia de Sante, no municipio de Trabada, celebrará as festas do Corpus Christi esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de xuño.
As activades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discoteca móbil The Sound Project.
O sábado desde as 21:00 horas haberá churrascada popular e despois verbena co grupo Master e o dúo Venus
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa cantada e procesión, seguida de sesión vermú larga con Los Adrianos.
Sobre esta actividade e outras o Concello de Trabada destaca “a importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de...
leer másO Concello de Cervo anima á veciñanza e aos visitantes a participar nas tradicionais Festas da Senra, que se celebrarán este sábado 27 de xuño cun programa relixioso, cultural e festivo organizado pola Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, coa colaboración do Concello de Cervo.
A presentación da programación contou coa participación da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e de membros da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, que destacaron a importancia de manter vivas as tradicións e de impulsar actividades que favorezan a convivencia e a participación veciñal.
A xornada dará comezo ás 13:00 horas coa misa na honra de San Pedro e da Virxe do Carme, cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da tradicional procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal. A continuación celebrarase unha sesión vermú...
leer másA parroquia de Alaxe, no municipio do Valadouro, está de festas os día 23 e 24 de xuño, martes e mércores.
O martes haberá cea popular e actuarán o grupo Montreal e a famosa cantante Pili Pampín.
E o mércores celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú amenizada polo dúo Son do Val, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 18:00 horas.
A parroquia de Covas, no municipio de Viveiro, celebrará as festas en honra a San Xoán Bautista desde este martes, día 23 de xuño, ata o venres 26.
As actividades comezarán o martes con verbena amenizada polas orquestras Acordes e New York e ás doce da noite acenderase a Gran Lumeirada
O mércores ás 11 horas haberá pasacalles coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 13 horas celebrarase misa solemne e procesión coa Banda da Misericordia, polo programa Tradigalu da Deputación de Lugo; a continuación, sesión vermú amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Capitol.
O xoves 25 haberá pasacalles con Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas; a continuación, sesión vermú amenizada pola orquestra Trébol, que tamén actuará na verbena. E desde...
leer másO Vicedo celebrará as festas na honra á Nosa Señora do Carme desde o sábado 20 de xuño ata o luns 22.
As actividades comezarán o sábado ás 12 horas con misa solemne na igrexa parroquial e a continuación haberá procesión coa imaxe da Virxe do Carme acompañada pola Banda Naval de Viveiro e desde as 14 horas, sesión vermú a cargo da orquestra Fuego, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo D'Vicio.
O domingo ás 12 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, a continuación haberá procesión marítima con ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros defuntos. Ás 14 horas comezarán unha sesión vermú a cargo do dúo Maracuyá, que tamén actuará na verbena coa orquestra Los Satélites.
E o luns ás 20 horas farase o traslado da Virxe do Carme ata a igrexa parroquial e despois funeral por...
leer másA parroquia de Vilamartín Pequeno, no municipio de Barreiros, celebra as festas na honra a San Xoán Degolado esta fin de semana, venres 19 e sábado 20 de xuño.
As actividades comezarán o venres ás 23:00 horas con verbena amenizada polas orquestras Los Satélites e Grupo Beatriz.
E o sábado celebrarase a V Festa do Requesón. Ás 13:15 horas haberá misa solemne con procesión e a continuación sesión vermú amenizada polo grupo folclórico da Asociación Cultural Ledicia, de Burela, e o grupo Master. Ás 15:00 horas comezarán un xantar popular no Campo da Festa e a partir das 21:00 horas haberá churrascada gratuíta, con churrasco, panceta e chourizos de porco celta. Despois terá lugar unha verbena amenizada polo grupo Master e a charanga Louband.
A organización destaca que dispoñen de “amplos...
leer másA parroquia de Xerdiz, no municipio de Ourol, celebrará as festas na honra de San Antonio os días 12, 13 e 14 de xuño.
As actividades comezarán o venres cunha disco móbil a partir das 8 da tarde e haberá pinchos gratis ata esgotar existencias.
O sábado ás 13.00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú coa actuación do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo Melismas.
E para o domingo está programada unha sesión vermú prolongada a cargo do dúo Son do Val.
Acebro, no municipio de A Pontenova celebrará as festas na honra a San Antοnio os días 12 e 13 de xuño, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas cunha churrascada popular e haberá tamén verbena amenizada polo dúo Eclipse.
E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Montreal, que tamén actuará na verbena.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
A Pontenova celebrará as festas na honra a San Esteban esta fin de semana, venres 5 e sábado 6 de xuño
As actividades comezarán o venres ás 21.30 horas con churrascada popular. E desde as 23:30 horas haberá verbena amenizada pola orquestra Supertop.
E para o sábado está programado un pasacalles a cargo do grupo de gaitas A Chocolateira, misa solemne ás 13:15 horas e despois procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará a verbena desde as 23:30 horas.
O campo da festa estará cuberto con carpa.












