Mari Carmen Chipe
O Concello de Viveiro presentou a programación completa de actividades para o mes de agosto, un calendario que reunirá propostas culturais, festivas, deportivas e de lecer pensadas para todos os públicos. Dentro desta programación enmárcanse as Festas Patronais de San Roque 2026, organizadas en colaboración coa Comisión de Festas de Viveiro. Serán pregoadas por Mari Carmen Chipe.
Esta colaboración entre ambas entidades permite ofrecer unhas festas que “manteñen a súa identidade e tradición ao tempo que incorporan novas propostas para seguir facendo de Viveiro un referente festivo durante o verán. A programación de agosto inclúe concertos, feiras, actividades culturais, eventos deportivos e iniciativas para todas as xeracións, reforzando a aposta do Concello por dinamizar a cidade e ofrecer alternativas de lecer tanto á veciñanza como ás...
leer más



