Sumoas
A parroquia de Sumoas, no concello de Xove, celebra as festas na honra a San Antón os días 1, 2 e 3 de agosto.
O Concello de Xove anuncia que “a Asociación de Festejos Rodraguel, de Sumoas, invita a veciños e visitantes a acercarse esta fin de semana a gozar das festas patronais da súa parroquia, na honra a San Antón, empezando xa o venres día 1 de agosto cunha gran churrascada. Tivo lugar a presentación do cartaz onde estiveron presentes Leandro Quelle e José Manuel Franco, como membros da comisión organizadora, acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, María Dolores Meitín”.
As actividades comezarán o venres 1 ás 20:30 con churrascada; e despois haberá verbena amenizada polo grupo Pasión e o dúo Belinda.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00...
leer másA parroquia de Sumoas, no concello de Xove, celebra as súas festas patronais, na honra a San Antonio, esta fin de semana, do venres 2 ao domingo 4 de agosto. Están organizadas pola asociación Rodagel de Sumoas.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e verbena amenizada polo grupo Tania Veiras e o dúo EpoK.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión, seguida de sesión vermú co grupo Los Adrianos, que tamén actuará na verbena xunto a Laura Añon e Ángel Sevilla e Pedro Brmudz.
E o domingo haberá sesión vermú amenizada por José Manuel.
Na presentación destes festexos participaron o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira María Dolores Meitín.