Sumoas (Xove) celebra as festas de San Antón do 1 ao 3 de agosto

A parroquia de Sumoas, no concello de Xove, celebra as festas na honra a San Antón os días 1, 2 e 3 de agosto.

O Concello de Xove anuncia que “a Asociación de Festejos Rodraguel, de Sumoas, invita a veciños e visitantes a acercarse esta fin de semana a gozar das  festas patronais da súa parroquia, na honra a San Antón, empezando xa o venres día 1 de agosto cunha gran churrascada. Tivo lugar a presentación do cartaz onde estiveron presentes Leandro Quelle e José Manuel Franco, como membros da comisión organizadora, acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, María Dolores Meitín”.

As actividades comezarán o venres 1 ás 20:30 con churrascada; e despois haberá verbena amenizada polo grupo Pasión e o dúo Belinda.

O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas; e a continuación haberá procesión seguida de sesión vermú co grupo Folixa, que tamén actuará na verbena xunto a DJ Conxuro.

E o domingo rematarán os festexos cunha sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K.