Festas
O Concello de Trabada anuncia que colabora un ano máis coa organización das Festas de Santiago e Santa Ana na parroquia de Santiago de Abres, “unha celebración singular que une á veciñanza da parte galega e asturiana nun ambiente de convivencia, tradición e música”.
As festas darán comezo este sábado, 19 de xullo, co Campionato de Balinera con carabina, organizado no Campo da Festa a partir das 19:30 horas. A continuación celebrarase unha churrascada popular, amenizada polo DJ Marcos.
A programación continuará o xoves 25 de xullo cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú co dúo Belinda, e pola noite, verbena coa actuación das orquestras Suavecito e Costa Dorada.
O sábado 26 de xullo terá lugar outra xornada de celebración con misa, sesión vermú coa música de DJ Pedro...
leer másA parroquia de Xudán, no concello da Pontenova, celebrará as festas na honra a Santa María Magdalena esta fin de semana, desde o venres 18 ata o domingo 20 de xullo.
As actividades comezarán o venres 18 a partir das 22:00 horas cunha churrascada popular e seguidamente haberá verbena a cargo do dúo Dilema e DJ Bombardero.
O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois procesión e sesión vermú co trío Karma, que tamén actuará na verbena.
E o domingo ás 14:00 horas haberá misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada polo grupo de música tradicional A Chocolateira, da Pontenova.
O cartel das festas de San Roque, en Viveiro, foi presentado este luns e inclúe actividades do 14 ao 17 de agosto. Entre elas está un concerto do popular dúo formado polas irmáns Encarna e Toñi Salazar, actuación programada para o venres 15 de agosto.
A comisión Viveiro en Festas anuncia: “teremos o pracer de contar con De Ninghures, Azúcar Moreno e Dasoul na Praza Maior os días 14, 15 e 16 de agosto. Ademais nos Xardíns Noriega Varela contaremos co Dúo Vivarium, Suavecito, Súper Top e Escaparate. E, para rematar, a Sardiñada Popular nas Nogueiras”.
O Concello de Foz presentou a programación das festas do Carme, que se celebrarán na vila focega do 11 ao 17 de xullo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “achéganse as datas máis emotivas no calendario do verán de Foz, as festas do Carme. A devoción á Virxe do Carme é un sentimento máis que palpable no pobo de Foz, que vivirá nos vindeiros días un non parar de actividades. A foto do cartaz da festa deste ano pertence ao arquivo do Concello e é do fondo de Antonio Ares”.
O venres 11 de xullo ás 21.00 horas na Praza do Concello segue o programa Sons na Rúa coa actuación da Coral Polifónica de Foz. O sábado 12 a partir das 19.00 horas no Paseo da Ribeira a Peña Ñasss e As Farangullas organizan a tradicional sardiñada. O domingo 13 é a quenda do festival Coa Nosa Fala, que emprazado no Campo da...
leer másRiotorto celebrará as festas na honra a San Cristóbal esta fin de semana, o venres día 4 e o sábado 5 de xullo.
As actividades comezarán o venres a partir das 22:00 horas, cunha cea popular e deseguido verbena coa orquestra Gran Parada.
E o sábado celebrarase misa ás 12:30 horas, procesión e bendición de vehículos. A continuación haberá sesión vermú co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto ao solista José Manuel de Abanico.
A parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebrará as festas na honra a Santa Isabel esta semana, desde o venres 4 ata o domingo 6 de xullo.
As actividades comezarán o venres cunha verbena amenizada polo dúo Belinda e o grupo Fénix.
O sábado ás 13:30 horas haberá misa e procesión; despois sesión vermú a cargo do grupo Montreal, que tamén actuará na verbena xunto a Disco Móbil The Sound Proyect.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa e procesión. A continuación empezará unha sesión vermú larga a cargo do dúo Belinda e Disco Móbil The Sound Proyect.
A parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro e á Virxe do Carme os días 4 e 5 de xullo, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas cunha churrascada que terá lugar nunha carpa cuberta. A continuación haberá festa verbena coa orquestra Salsarena.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Salsarena e con degustación gratuíta de xamón cocido. Desde as 17:30 horas haberá actos para os nenos con festa da espuma, inchables e outras actividades. E a partir das 22:00 horas a verbena estará amenizada pola orquestra Salsarena e o dúo La Hora Bruja.
A parroquia ribadense de Arante celebra as festas na honra a San Pedro esta fin de semana, venres 27 e sábado 28 de xuño.
As actividades comezarán o venres con churrascada gratis e verbena amenizada polo grupo América SL.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne, seguida de sesión vermú con Miguel La Clave, que tamén actuará na festa e verbena.
A parroquia mindoniense de Argomoso celebrará as festas do seu patrón, San Pedro, esta fin de semana, o sábado 28 e o domingo 29 de xuño.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Tamén haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Tokio e o dúo Stylo.
E o domingo celebrarase misa ás 13:30 horas; e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Lume.
Viveiro celebrará as festas na honra a San Pedro os días 27 e 28 de xuño, venres e sábado desta semana.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e despois haberá verbena co grupo Fénix e o dúo Dilema.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú co grupo M3 e o dúo D'Caché Music. Ademais terá lugar un xantar popular e haberá lanchiñas e inchables gratis. Despois da comida o baile estará amenizado polo dúo D'Caché Music. E pola noite na verbena actuarán os grupos M3 Show e Arizona.












