Valboa (Trabada) celebra as festas do Rosario este sábado, 4 de outubro

A parroquia de Valboa, no municipio de Trabada, celebrará as festas de Nosa Señora do Rosario este sábado, día 4 de outubro.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne cantada pola Coral de Riotorto; e despois haberá procesión e sesión vermú co dúo Ángel América e degustación de xamón cun cortador profesional. E desde as 23:00 horas terá lugar a verbena con Ángel América e o grupo Elebe 2.0.