
A Espiñeira, no municipio de Foz, celebrará as festas na honra da Virxe do Pilar esta fin de semana, o sábado 11 e o domingo 12 de outubro.
As actividades comezarán o sábado ás 13 horas con misa solemne e procesión seguida da sesión vermú a cargo da orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Beatriz.
E o domingo ás 13 horas celebrarase misa solemne e procesión acompañada da Banda de Música do Concello de Foz. A continuación haberá sesión vermú longa a cargo do grupo Dasilva.
A organización destaca que dispoñen de carpa.