Estafas
A parroquia de Xudán, no municipio da Pontenova, acollerá unha charla sobre estas telefónicas este sábado, día 18 de abril. Será ás 17:00 horas na Escola de Xudán con entrada libre.
É unha actividade organizada pola asociación A Magdalena, de Xudán, que explica que a charla é para “aprender a detectar y evitar fraudes con la Guardia Civil”.
Saldoira, no concello da Pontenova, acollerá unha charla da Garda Civil sobre estafas a través das novas tecnoloxías (sms, whatsapp, email,…). Será o día 12 de abril, sábado, ás 17:00 horas.
Está organizada pola asociación veciñal San Pedro da Ribeira coa colaboración da Garda Civil.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre as estafas a través dos teléfonos móbiles e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Esta charla está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o xoves 14 de novembro ás 11:00 horas.
Para máis información e para anotarse as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá o 8 de xullo un curso presencial sobre ciberseguridade.
A Aula CeMIT de Ribadeo acollerá un curso presencial o vindeiro venres, 8 de xullo, de 10:30 a 12:00 horas, sobre Ciberseguridade.
No mesmo abordaranse cuestións como: Protexerse dos ciberataques; Análise dun caso real de ciberataque, abordando os obxectivos que se perseguen, así coma os mecanismos para detectalos; e Repaso das principais estafas ás que unha persoa se ve exposta no mundo en liña e os principais mecanismos para previlas.
O curso gratuíto é apto para todas as idades. As persoas interesadas en asistir poden anotarse no teléfono 982120732 ou no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal






