
Carballido, no municipio de Alfoz, celebrará a festa na honra de San Sebastián os días 17 e 18 de xaneiro, sábado e domingo.
A comisión organizadora dos festexos anuncia: “variamos a ubicación un pouquiño, será na explanada asfaltada do antigo serradoiro de Xaque, co que poderemos montar unha carpa de maiores dimensións, climatizada e sen risco de lama en caso de choiva”.
En canto á programación explica que o sábado 17 de xaneiro haberá sesión vermú “e moito baile co dúo da casa ao que tanto cariño lle temos, dúo Belinda, Haberá tapas de callos para acompañalas consumicións. E festa verbena co grupo Assia; teredes ocasión de disfrutar de verdadeira música en directo cun dos grandes grupos da verbena asturiana. A calidade musical deste grupo, con escasas visitas á nosa zona, estamos seguros que vos vai a sorprender. E DJ Pablo Conxuro, o noso DJ de cabeceira que nunca defrauda. Desta vez lama non vamos facer que a explanada ten asfalto, pero vaise gastar suela … E o domingo 18 de xaneiro teremos misa, procesión e macro sesión vermú fin de festa de novo co animadísimo dúo Belinda. Gastaremos a enerxía que nos quede co variado e divertido repertorio destes artistazos. Imos estirar a sesión vermú para todos aqueles que non vos gusta recollervos cedo. Despediremos o San Sebastián 2026 como está mandado! Tamén volveremos repartir tapas de callos para acompañalas consumicións”.


