
A parroquia de Ambosores, no municipio de Ourol, celebra as festas na honra a Santa Lucía os días 13 e 14 de decembro, sábado e domingo.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú con dúo Caramelo e ás 15:00 horas empezará un xantar popular. Tamén está programado un baile de tarde noite cos dúos Caramelo e La Hora Bruja. E ás 23:00 horas repartirase chocolate con roscón gratis.
O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú prolongada con dúo Caramelo e ás 15:00 horas empezará un xantar popular.


