As Quendas

Etiquetas:
14/04/2024

As festas e feiras de As Quendas, en Mondoñedo, celebraranse os días 30 de abril e 1 de maio, martes e mércores. Contarán coas actuacións musicais das orquestras Gran Parada, Grupo Beatriz e Principal, ademais do cantautor Emilio Rúa.

As actividades empezarán o martes 30 de abril ás 21:00 horas no auditorio Pascual Veiga co pregón a cargo de Suso Robles, mindoniense que foi traballador da Imprenta Sucesores de Mancebo. E a partir das 22:00 horas terá lugar a verbena, amenizada polas orquestras Gran Parada e Grupo Beatriz.

E o mércores 1 de maio haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Principal. Tamén está programado un concerto acústico do cantautor Emilio Rúa, que será no auditorio municipal Pascual Veiga ás 20:00 horas con entrada de balde.

Ademais haberá festa de gando, a XL Festa...

leer más
24/04/2022

Desde a asociación Vespa&Faba Clásicos de Lourenzá explican que “un año más desde la asociación As San Lucas de Mondoñedo nos invitan el domingo, día 1 de mayo, a su celebración de as festas e feiras das Quendas, que se celebran el 29 y 30 de abril y 1 de mayo. Nosotros el día 1 nos reuniremos con nuestras vespas, lambrettas y clásicas, a partir de las 10:00 en la plaza de la Catedral, para a continuación salir de ruta por los alrededores de Mondoñedo, hasta llegar al recinto de la fiesta, en donde asistiremos a la sesión vermú. Una vez finalizada iremos a comer al bar Bigotes, donde degustaremos jamón cocido,  pulpo, churrasco y postre”.

E engaden: “después tendremos unos detalles para la moto más antigua, la llegada de más lejos, la más espectacular... etc etc”. 

 

12/04/2022

Mondoñedo celebrará as súas tradicionais feiras e festas de As Quendas do 29 de abril ao 1 de maio. O amplo programa de actividades, que está a ultimar a Asociación organizadora, será presentado o nos vindeiros días. 

O pregón, previsto para o 29 de abril, será pronunciado por Claudia del Pino, profesional do turismo, formadora e guía de turismo oficial, traballou na oficina de turismo de Mondoñedo e é colaboradora habitual da Asociación As San Lucas. Será no auditorio Pascual Veiga ás oito e media da tarde. 

O 30 de abril, ás 20:00 horas e tamén no auditorio mindoniense terá lugar a comedia ‘Nais’ de Marc Egea e dirixida por Javier Mariño. Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira) son as protagonistas desta comedia de enredo chea de situacións disparatadas. Ambas coñécense por casualidade na sala de espera...

leer más
15/04/2020

A Asociación As San Lucas de Mondoñedo informa que “tristemente” este ano non poderán celebrarse as tradicionais Feiras e Festas das Quendas ante a situación que se está a vivir a causa da pandemia do Covid-19.

Dende a Asociación organizadora das Feiras e Festas consideran que o “prioritario neste momento é garantir a saúde e o benestar” tanto dos veciños e veciñas como dos “visitantes que anualmente se desprazan ata esta cita festiva”, que reúne en Mondoñedo a centos de persoas, atraídos por un completo programa de actos.

A organización envía “un forte agradecemento” a todos os profesionais “que día tras día están na primeira liña loitando contra esta pandemia e primando a nosa saúde e benestar”. A asociación traslada do mesmo xeito as súas condolencias a todos os familiares e amigos das persoas que...

leer más
06/04/2019

Mondoñedo celebrará as súas tradicionais feiras e festas de As Quendas entre o 29 de abril e o 1 de maio, cun programa de actividades que se converte “tanto, por un lado, nun incentivo ao noso patrimonio cultural” como  tamén, por outro lado, “nunha clara aposta polos produtos de proximidade e polas nosas razas de gando”, tal e como anunciou esta mañá o presidente da Asociación As San Lucas, entidade organizadora das festas, xunto ao Concello e Mondoñedo.

A feira, unha das de máis tradición de toda Galicia, que dá comezo á tempada de feiras e festas, arranca o luns 29 de abril co pregón que este ano pronunciará no auditorio Pascual Veiga, ás 20:30 horas, a violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Rebeca Maseda Longarela. Comezou os seus estudos na Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo, continuando a súa formación a nivel...

leer más
13/04/2018

O 28 de abril darán comezo As Quendas de Mondoñedo coa lectura do pregón a cargo de Ruth Chao, directora e produtora audiovisual premio Mestre Mateo. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.

O 29 de abril celebrarase a I Xuntanza de Vespas, Lambrettas e Motos Clásicas. Haberá ademais unha exhibición hípica, con concurso de saltos, na Granxa, e ás 19:30 horas, no auditorio, actuará o grupo Daboapipa, a entrada será de balde. Tamén actuarán as orquestras PK2 e La Fórmula.

O 30 de abril ás 21:00 horas Xosé A. Touriñán presentará o seu Monólogo. Será no auditorio e o prezo da entrada a 5 euros. A música desa xornada correrá a cargo das orquestras Palladium e Claxxon.

O 1 de maio terá lugar a Feira de Gando e o Mercado de Produtos do campo galego. Ademais celebrarase a XXXV Festa da...

leer más
27/04/2017

A cita ábrese co pregón que pronunciará Sara González García, elixida mellor enxeñeira química xove de España pola Real Academia de Enxeñería. Será o 28 ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga. 

O programa inclúe o día 29 a IV Ruta a Cabalo As Quenda 2017. Haberá teatro e pola noite ás 21 horas concerto de Hugo Torreiro, na Casa da Xuventude.

O 30 de abril haberá unha exhibición hípica (concurso de saltos) na Granxa e ás 20:00 horas concerto de A Roda, no auditorio Pascual Veiga. 

E o 1 de maio celebrarase a Feira Tradicional de Gando Cabalar, a Festa da Empanada e o Mercado de Produtos do Campo Galego. 

Nas Quendas haberá tamén as VI Xornadas Gastronómicas de Carne de Poldro Galego, grupos de gaitas, Títeres, obradoiros de amasado de pan e o recital poético...

leer más
Etiquetas:
21/04/2016
Mondoñedo celebrará a súa tradicional Feira e Festa das Quendas a fin de semana do 29 de abril ao 1 de maio. A programación unifica a tradición cunha ampla oferta cultural e literaria.
 
Mondoñedo celebrará a súa tradicional Feira e Festa das Quendas a fin de semana do 29 ao 1 de maio, entorno a un programa que nesta edición unifica a tradición das festas (Feira Tradicional de Gando Cabalar, Festa da Empanada, Xornadas da Carne do Poldro Galego) cunha ampla oferta cultural e literaria coa inclusión da actividade, entre outras, Mondoñedo é Poesía.
 
As Quendas 2016 comezarán o venres 29 de abril co pregón do escritor e músico galego, Cesar Morán Fraga, no Auditorio Municipal Pascual Veiga, ás 20:15 horas; trala recepción oficial no Concello. 
 
O cabalo, o gran protagonista
O sábado 30 de abril, o...
leer más