Adral
A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro continuará co seu programa cultural Adral, o vindeiro domingo, 13 de marzo, coa presentación en Sevilla da Semana Santa viveirense. No acto, que terá lugar ás 11:00 horas na igrexa de San Ignacio de Loyola, intervirán o presidente da Xunta de Cofradías, José Veiga, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. Despois ofrecerá un concerto a banda Nuestra Sra. De la Misericordia de Viveiro.
O venres, 18 de marzo, ás 20:30 horas na igrexa do Convento da Concepción, actuará o Grupo de Gaitas do Conservatorio de Música de Viveiro. O xoves, 24 de marzo, ás 20:30 horas na igrexa de Santa María, ofrecerán un concerto os Alumnos de Vento do Conservatorio de Música de Viveiro. O sábado, 26 de marzo, celebrarase o X Certame de Bandas Cidade de Viveiro e ás 19:30 horas haberá pasarrúas polo casco vello de...
leer másEste xoves, 12 de marzo, dá comezo o Programa de Difusión Cultural ADRAL, organizado pola Xunta de Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro. Será co concerto que ofrecerá o Coro do Conservatorio de Música de Viveiro ás 20:30 horas na Igrexa das MM Concepcionistas.
O venres, 13 de marzo, ás 20:30 horas na Sala Multiusos do Concello terá lugar a conferencia inaugural titulada As mulleres nos relatos evanxélicos da paixón, que correrá a cargo de Antonio Menduiña Santomé, director do Instituto Teolóxico San José de Vigo. Pechará este acto o Obradoiro de Canto Coral do Conservatorio de Música de Viveiro.
O sábado, 14 de marzo, ás 20:30 horas na Igrexa de Santa María ofrecerá un concerto a Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro. Este concerto terá como mestre de cerimonias ao guía actor Suso Martínez, que...
leer más