O 28 de abril darán comezo As Quendas de Mondoñedo coa lectura do pregón a cargo de Ruth Chao, directora e produtora audiovisual premio Mestre Mateo. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.
O 29 de abril celebrarase a I Xuntanza de Vespas, Lambrettas e Motos Clásicas. Haberá ademais unha exhibición hípica, con concurso de saltos, na Granxa, e ás 19:30 horas, no auditorio, actuará o grupo Daboapipa, a entrada será de balde. Tamén actuarán as orquestras PK2 e La Fórmula.
O 30 de abril ás 21:00 horas Xosé A. Touriñán presentará o seu Monólogo. Será no auditorio e o prezo da entrada a 5 euros. A música desa xornada correrá a cargo das orquestras Palladium e Claxxon.
O 1 de maio terá lugar a Feira de Gando e o Mercado de Produtos do campo galego. Ademais celebrarase a XXXV Festa da Empanada con venda de empanada na Alameda e degustación nos locais de hostalaría, haberá o recital poético-musical Mondoñedo é Poesía, e actuará a orquestra Principal.
O programa complétase coa VII edición de Degustación gratuíta de Carne de Poldro galego, obradoiros de amasado de pan e para nen@s reciclando en natureza, estarán Mircromina Títeres, grupos de gaitas e o coro Mestre Pacheco ademais dun tendal de poesía.