Xerdiz (Ourol) celebra as festas de San Antonio do 12 ao 14 de xuño

A parroquia de Xerdiz, no municipio de Ourol, celebrará as festas na honra de San Antonio os días 12, 13 e 14 de xuño.

As actividades comezarán o venres cunha disco móbil a partir das 8 da tarde e haberá pinchos gratis ata esgotar existencias.

O sábado ás 13.00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú coa actuación do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo Melismas.

E para o domingo está programada unha sesión vermú prolongada a cargo do dúo Son do Val.