Covas (Viveiro) celebrará as festas en honra a San Xoán Bautista do 23 ao 26 de xuño

A parroquia de Covas, no municipio de Viveiro, celebrará as festas en honra a San Xoán Bautista desde este martes, día 23 de xuño, ata o venres 26.

As actividades comezarán o martes con verbena amenizada polas orquestras Acordes e New York e ás doce da noite acenderase a Gran Lumeirada

O mércores ás 11 horas haberá pasacalles coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 13 horas celebrarase misa solemne e procesión coa Banda da Misericordia, polo programa Tradigalu da Deputación de Lugo; a continuación, sesión vermú amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Capitol.

O xoves 25 haberá pasacalles con Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas; a continuación, sesión vermú amenizada pola orquestra Trébol, que tamén actuará na verbena. E desde as 20:00 horas no Campo da Pascua farase a tradicional sardiñada.

E o venres será o Día do Neno, con atraccións no campo da festa a prezos populares.