
O 16 de agosto celebrarase a tradicional Marcha Nocturna organizada pola asociación Os Sendeiros de Foz. Trátase xa da 14ª edición desta actividade, que percorrerá o habitual traxecto de aproximadamente 5 quilómetros, cun nivel de dificultade baixo.
A saída será ás 22 horas desde a praza do Concello de Foz, e recomendase levar unha lanterna ou farol para maior visibilidade.
Ao rematar a ruta, os participantes poderán desfrutar dun merecido descanso con chocolate quente, biscoito e mini croissants no chiringuito da praia de Llas, O Arrecife, grazas á colaboración de Xoyma.
A inscrición ten un custo de 5 euros para os non federados con seguro de accidentes e é obrigatorio inscribirse antes do martes 12 de agosto. Pódese facer a través dos teléfonos: 606 718 482 (Laura) e 670 369 017 (Morís) ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es