
Acisa Ribadeo ten en marcha dúas campañas: a do Día do Pai que se desenvolve do 12 ao 25 de marzo, e os San Patrick’s Days do 13 ao 22 de marzo.
A súa presidenta, Carmen Cruzado, anima “a mercar no comercio local para o Día do Pai, San Xosé, as Pepas. En Ribadeo atoparedes todo o que precisades para sorprender nesta data tan especial. Para premiar a vosa fidelidade imos sortear catro premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e dous almorzos en Mareta, en Ribadeo. As persoas que durante este período de tempo realicen as súas compras poderán cubrir as papeletas para entrar no sorteo, que será non presencial e que terá lugar o día 26 deste mes nas instalacións de Acisa, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado entre o 12 e o 25 de marzo. Os gañadores, coma sempre, serán informados por teléfono do premio que lles correspondeu”. Cruzado Iglesias agradeceu apoio das empresas colaboradoras: “grazas a Bodegas Docampo e a Mareta, que nos doan estes importantes premios para a campaña do día do pai de Acisa, que se poderán desfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento”.
A campaña do Día do Pai organizada por Acisa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego, Bodegas Docampo e Mareta.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, subliña que “nada mellor para celebrar o Día do Pai que facelo na hostalaría ribadense aproveitando que mañá é día festivo e tamén os San Patrick’s Days, unha novidosa campaña que puxemos en marcha desde Acisa este ano. Iniciouse o día 13 e prolongarase ata o vindeiro domingo, 22 de marzo. A clientela que estes días saboree as cervexas especiais e as propostas gastronómicas que atoparán nos 10 locais participantes recibirán papeletas para participar no sorteo de tres ceas para dúas persoas. O sorteo, que será o día 23 deste mes, realizarase de forma non presencial mediante un programa de xeración de números aleatorios, e os premiados daranse a coñecer ese mesmo día a través das redes sociais de Acisa Ribadeo e dos medios de comunicación”. E engadiu: “as ceas foron doadas por Kummel, San Miguel e La Solana, aos que desde Acisa agradecemos especialmente a súa colaboración nesta iniciativa. Os premios poderán reclamarse ata o 31 de marzo. Os San Patrick’s Days poden gozarse nos 10 establecementos participantes: Manhattan, Los Dulces de Delphine, La Solana, El Huerto, Kummel, O Furancho no Camiño, O Indiano, Mareta, A Horta de San Roque e Ribanzo”.
Acisa para esta campaña conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Kummel, San Miguel e La Solana.


