Veteranos
Os días 26 e 27 deste mes celébrase o XIII Torneo de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo. Ata a localidade acudirán 42 equipos procedentes de Reino Unido, Bélxica, Portugal e diferentes comunidades autónomas do Estado. En total serán 800 xogadores, máis os seus acompañantes, os que encherán Ribadeo a vindeira fin de semana.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “este evento deportivo tan importante para Ribadeo no que unha congregación deportiva se converte no principal evento turístico e dinámico para a economía do comercio, para a economía da hostalaría local, neste vindeiro fin de semana. Precisamente nunha fin de semana na que aínda non é tempada alta en Ribadeo, pero os hoteis, os bares, os restaurantes e as rúas en definitiva se van ver cheas de 800 deportistas, acompañados quizais dos seus familiares que cheguen cando menos a...
leer más