Ribadeo acollerá este sábado, 17 de maio, o 1º Trofeo de Veteranos Illa Pancha de fútbol

O estadio municipal ribadense Pepe Barrera acollerá este sábado, 17 de maio, o 1º Trofeo de Veteranos Illa Pancha de fútbol, que organiza o Rayo de Ribadeo. O conxunto local enfrontarase aos Veteranos das Gándaras (Lugo) a partir das 11:00 horas. A entrada é de balde.

O concelleiro de Deportes ribadense, Francisco José Silvent, manifestou: “o Rayo é o novo equipo de veteranos de Ribadeo, ao que imos apoiar desde o Concello na súa andaina e nos proxectos que vaia levar adiante”. E animou á xente “a coñecer o novo club de fútbol veterano”.

O 1º Trofeo Veteranos Illa Pancha conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e da SD Ribadeo.