Fútbol
O Concello xovense presentou o tradicional Torneo Concello de Xove de Fútbol, que terá lugar o sábado 31 de agosto ás 18:15 no Campo Municipal de Fútbol de Xove. No acto de presentación estiveron presentes Demetrio Salgueiro, alcalde do Concello de Xove, Cristina Iglesias, concelleira de Deportes, e Antonio Meitín, presidente da Unión Deportiva Xove-Lago.
Este torneo enfrontará ao equipo local UD Xove-Lago contra a UD Folgueiro, nun partido que promete emoción e competitividade. A entrada ao evento será gratuíta para todos os asistentes.
Ademais, o domingo 1 de setembro ás 19:00, tamén no Campo Municipal de Xove, disputarase un partido entre a UD Somozas e o Viveiro FC. Para este encontro, a entrada será gratuíta para os socios, mentres que os non socios deberán abonar un prezo de 10 euros.
O domingo 1 de setembro celebrarase no Campo Municipal de Alfoz unha festa para presentar a nova tempada futbolística.
A apertura de portas do evento será ás 14 horas e haberá unha sesión vermú coa actuación musical de Carta de Ajuste, coas súas versións de temas dos anos 80 e 90. Ao remate seguirá o DJ local Julián Gómez.
Ás 18 horas a festa seguirá dentro do térreo de xogo, cun partido amigable do CD Alfoz ante o CD San Ciprián.
A primeira edición do Trofeo Feiraco terá lugar o vindeiro domingo, 18 de agosto, ás 18:30 horas no Campo Municipal Pepe Barrera.
O Ribadeo FC e o Viveiro CF xogarán este trofeo, que será o último partido de preparación como locais para os ribadenses antes de iniciar a competición.
A entrada será gratuíta.
O Concello de Burela organiza un torneo 3x3 de fútbol os días 20 e 21 de agosto, martes e mércores, na Praza da Mariña a partir das 19:30 horas.
Haberá 4 categorías: sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16. As inscricións deben facerse na Casa da Xuventude ata o día 19 de agosto, de 9 a 14 horas.
O Concello de Burela destaca que “hai previsión dun gran número de equipos participantes”.
Desde o Ribadeo FC sinalan: “cheos de ledicia presentamos a 1ª Edición do Trofeo Vermut Arnao, patrocinado por Castillo San Damián - Discosta norte S.L., unha cita que sen dúbida chega para quedarse”.
O Trofeo disputarase o vindeiro domingo, 11 de agosto, ás 19 horas no Campo Municipal Pepe Barrera, onde se enfrontarán o Ribadeo FC e o Navia CF.
A entrada será de balde.
Esta será a primeira oportunidade para ver as novas caras do Ribadeo FC para esta tempada.
Hoxe foron presentados os Trofeos Emma Cuervo, que organiza o Ribadeo FC coa colaboración do Concello e da Xunta. Ao acto desenvolvido esta mañá acudiron, entre outros, os concelleiros de Deportes e Obras, Francisco José Silvent e Diego Dos Santos, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e o xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero.
A 73 edición do Emma Cuervo Masculino terá lugar o 6 de agosto ás 19:00 horas. O trofeo será disputado entre o CD Arenteiro e a SD Ponferradina.
E a cuarta edición do Emma Cuervo Feminino celebrarase o 31 de agosto ás 18:00 horas. Xogarán o partido o Atlético Villalonga e o Real Oviedo Feminino.
O Concello de Viveiro acolleu a presentación dunha nova edición do DéporCampus Cabreiroá, que se celebrará coa colaboración da SD Viveiro do 1 ao 5 de xullo.
“Despois do éxito do ano 2023, con máis de 100 participantes, repite un dos DéporCampus Cabreiroá con máis edicións, xa que está en activo desde 2016”, destaca o Concello de Viveiro.
Á presentación asistiron Jesús Fernández Fernández, segundo tenente de alcaldesa de Viveiro; Francisco Rojo Vizoso, presidente da SD Viveiro; e Sergio Maurente, coordinador do Programa Local da Fundación RC Deportivo.
A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 5 de xullo. Os interesados poden consultar toda a información da sede de Viveiro e realizar o proceso de...
leer másOs equipos chegarán a Ribadeo procedentes de Portugal, Cantabria, Asturias, Castela-León e Galicia. Serán arredor de 1.000 xogadores e uns 3.000 acompañantes os que gocen do torneo e tamén dos potenciais turísticos deste concello.
O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, subliñou que “é o torneo máis numeroso dos tres que organizamos neste mes de xuño. Son 60 equipos alevíns e 10 minis os que veñen xogar esta fin de semana a Ribadeo”.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, referiuse á importancia da celebración destes eventos deportivos en Ribadeo: “son torneos que traen a milleiros de persoas á nosa vila durante as tres primeiras fins de semana de xuño, o que supón unha importante dinamización económica para Ribadeo”.
No acto de presentación participaron o presidente da...
leer másO deputado de Mocidade Daniel García, os concelleiro de Deportes do Valadouro Eliseo Teijeiro, o concelleiro de Deportes de Alfoz e o presidente da AD Río Ouro, presentaron o Triangular Xuvenil AD Río Ouro que se celebrará o vindeiro 15 de xuño no campo do Árbol, no Valadouro.
A AD Río Ouro organiza este torneo co que o equipo xuvenil do club despide a temporada, e no que terá como rivais ao Real Tapia Fútbol Club (Tapia de Casariego) e ao Iberia CF (Barreiros).
A área de Mocidade apoia a organización do evento, reforzando a colaboración da Vicepresidencia da Deputación co club valadourés e co tecido deportivo a través das axudas de concorrencia para a actividade competitiva.
O deputado Daniel García valorou “o papel do club como referente deportivo no concello, ofrecendo unha...
leer másEsta fin de semana, os días 8 e 9 de xuño, terá lugar o XIX Torneo de Fútbol Benxamín e Prebenxamín, que organiza a SD Ribadeo. Vai disputar no estadio municipal Pepe Barrera e tamén no campo do Ceip Gregorio Sanz.
Serán un total de 60 equipos de Cantabria, Asturias e Galicia os que se dean cita en Ribadeo estes días, que reunirán a uns 900 xogadores e arredor de 1.500 persoas acompañantes. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou a importancia da celebración destes eventos deportivos en Ribadeo: “son torneos que traen a moita xente á nosa vila, o que ocasiona unha importante dinamización económica en Ribadeo durante o mes de xuño”. E referiuse tamén “aos valores que lles inculcan aos pequenos futbolistas”.
No acto de presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o...
leer más