Emma Cuervo
O campo municipal Pepe Barrera acolleu esta tarde a presentación do LXXIV Torneo Emma Cuervo de fútbol, que disputarán o vindeiro 6 de agosto ás 19:00 horas o Real Club Deportivo da Coruña e o Real Oviedo.
Ao acto asistiron o alcalde, Dani Vega, os concelleiros de Medio Ambiente e Igualdade, Diego Dos Santos e Begoña Sanjurjo, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o deputado provincial responsable da Área de Rural, Mar e Mocidade, Dani García, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o presidente do Ribadeo FC, Valentín Coto, o vicepresidente do Real Oviedo, Manuel Paredes, e Carlos Ballesta, conselleiro do RC Deportivo da Coruña.
Todos fixeron fincapé na importancia desta cita, xa que o Emma Cuervo é o vicedecano dos torneos de verán e da importancia que terá para o tecido...
leer másO vicedecano dos trofeos futbolísticos de verán en España, o ribadense Emma Cuervo, disputarano nesta ocasión o RC Deportivo da Coruña e o Real Oviedo. Ambos equipos enfrontáronse por última vez en Ribadeo no ano 2016, cando o Depor se impuxo por 2-0. Trátase dos dous clubs máis laureados do Emma Cuervo: o Real Oviedo conta con 40 participacións, logrando gañar en 17 ocasións; e o RC Deportivo da Coruña con 18, conseguindo o título en 10 delas. O LXXIV Emma Cuervo terá lugar o día 6 de agosto, mércores, ás 19:00 horas no campo municipal Pepe Barrera.
Os prezos das entradas serán de 20 euros para as persoas maiores de 15 anos e de 5 euros para nenas e nenos de 8 a 15 anos. Os menores de 8 anos accederán de xeito gratuíto.
As entradas poderán mercarse en varios puntos en Ribadeo: cafetería Rosa Lar, DeLira...
leer más