O terceiro campus mixto de fútbol Burela Bonita será do 14 ao 18 de xullo nas instalacións da Marosa

A terceira edición do campus mixto FutbolinLugo Burela Bonita, para nenos e nenas de 5 a 16 anos, terá lugar do 14 ao 18 de xullo nas instalacións da Marosa, anuncia o Concello de Burela, que engade: “se queres que desfruten do fútbol, aprendan e o pasen en grande, xa podes inscribilos”.

E a Xunta de Galicia, que  colabora con Futbolinlugo nesta actividade, destaca que o campus “estase a consolidar como un referente na oferta deportiva da comarca; o pasado ano participaron arredor de 90 rapaces e rapazas e nesta edición xa superou esa cifra cando aínda continúa aberto o prazo de inscrición”.