
O Vicedo acollerá os días 18 e 19 de xullo o torneo de fútbol Folgueiro League 26, que foi presentado na Casa da Cultura do Vicedo. Este evento deportivo está organizado polo club UD Folgueiro, que anuncia: “no acto estiveron presentes Domingo González, presidente da UD Folgueiro; Jesús Novo, alcalde do Concello do Vicedo; e Javi Martínez, xogador e directivo da UD Folgueiro, que destacaron o traballo e a ilusión coa que se está preparando unha nova edición deste torneo, que xa é unha referencia do fútbol afeccionado na comarca”.
A UD Folgueiro explica que “a competición contará con torneo masculino e feminino (este último celebrarase sempre que haxa un mínimo de equipos inscritos), ademais dun gran ambiente durante toda a fin de semana con DJ, zona de comida e moitas sorpresas, para que xogadores e afeccionados gocen dunha auténtica festa do fútbol”.
A data límite de inscrición (a través dos teléfonos 608.64.79.05 ou 677.21 38.55 ) para participar é este xoves, 9 de xullo, o sorteo será ao día seguinte no Bar Alba.


