
O vindeiro 21 de agosto ás 19:00 horas terá lugar no estadio municipal Pepe Barrera o II Trofeo de Fútbol Illa Pancha, que disputarán o Rayo Ribadeo e Asociación de Veteranos de Vegadeo. A entrada é gratuíta.
A cita está organizada polo Rayo Ribadeo, que conta coa colaboración do Concello ribadense. Na presentación do evento xuntos aos equipos participantes estivo o edil de Deportes, Francisco José Silvent, que anima “ás veciñas e veciños de Ribadeo e de Vegadeo a acudir este venres ao Pepe Barrera a disfrutar dunha tarde de fútbol entre equipos de concellos irmáns e con entrada de balde”.


