Olimpiadas

04/07/2024

As pistas de atletismo da Veiga acollerán as Primeiras Olimpíadas de Atletismo o domingo, 14 de xullo.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, polo vicepresidente da Federación Galega de Atletismo,Suso Vázquez, e pola Presidenta do Club Maderas Barcia Cervo, Patricia Calvo, como entidade que organiza o evento, coa colaboración do Concello.

Tal e como sinalaron, estas olimpíadas nacen co obxectivo de facer un día enteiro de competición para fomentar o deporte do atletismo, e que os atletas poidan participar nas diferentes disciplinas que compoñen o Mundo Atlético.

As inscricións permanecerán abertas ata o luns 8 de xullo a través do  enlace...

leer más
Etiquetas:
03/10/2022

A parroquia de Landrove será o escenario, os días 7 e 8 de outubro, da VI edición da súa Festa Labrega e das V Olimpíadas Rurais.

Coa organización da asociación cultural Pequenos Pasos e a colaboración do Concello de Viveiro, os veciños e veciñas de Landrove regresan á forma de vivir e desfrutar do ocio no rural hai varias décadas.

“Quero agradecer o traballo da asociación Pequenos Pasos para organizar esta festa e a colaboración de todos os veciños de Landrove”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

O venres 7, ás 21.00 horas, terá lugar a prendida da chama olímpica, e ás 22.00 horas actuará un grupo musical tradicional e os asistentes poderán degustar gratis boliños preñados.

O sábado 8, ás 13.00 horas, o dúo Zafiro animará a sesión vermú, e ás 16.00 horas...

leer más
06/04/2019

Este mes de abril celebraranse as VI Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
- Proba Deportiva: Sábado 6 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Cultural: Sábado 13 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Artística: Sábado 20 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 27 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.

Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no pasado mes de marzo.  

Este sábado comezarase coa proba deportiva que este ano recupera o tiro con arco, os tiros libre se baloncesto e o brilé.   As...

leer más
Etiquetas:
12/03/2018

O vindeiro mes de abril celebraranse as V Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
- Proba Deportiva: Sábado 7 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Cultural: Sábado 14 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Artística: Sábado 21 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 28 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.

Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no día onte.  Entre as novidades pódese destacar que nas probas dos xogos populares, introdúcese unha proba para nenos e nenas de ata 12 anos. Ademáis, un ano mais, todas as probas...

leer más
Etiquetas:
13/03/2017

O vindeiro mes de abril celebraranse as VI Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
- Probas Deportivas: Sábado 1 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Probas Culturais: Sábado 8 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Probas Artísticas: Sábado 15 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 22 de abril, 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.

Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no día onte.  Entre as novidades pódese destacar que na proba deportiva este ano haberá catro probas polo que se dará a posibilidade de participar a xogadores de distintas...

leer más
27/03/2015
Continúan os preparativos da I Ruta das Tapas de Alfoz, que terá lugar os días 18, 19, 25 e 26 de abril. Seis locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións.
 
Coincidindo coa organización das II Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, organízase no neste concello a I Ruta das Tapas, na que participan a Cafetaría Rodolfo, o Restaurante O Frenazo, o Restaurante A Naranja, o Bodegón Ponte de Pau, a Taberna de San Pedro e a Cafetaría da Casa da Cultura (Morroncho). As bases desta I Ruta das Tapas de Alfoz son as seguintes:
-A ruta das tapas celebrarase en dous fins de semana das Olimpíadas: o fin de semana do 18 e 19 de abril e o fin de semana do 25 e 26 de abril. 
-Nesta ruta das tapas participarán 6 bares do concello de Alfoz: Cafetaría da Casa da Cultura (Bar de Morroncho), Bar Rodolfo, Bodegón Ponte de Pau, A Naranxa, O Frenazo e San Pedro.
-Os que...
leer más
16/03/2015
Alfoz acollerá a celebración das Segundas Olimpiadas Interparroquiais durante o vindeiro mes de abril.
 
No vindeiro mes de abril celebraranse as Segundas Olimpiadas Interparroquiais de Alfoz. Desenrolaranse seguindo o seguinte calendario:
O sábado, 11 de abril, 19:00 horas: No Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a Proba Cultural.
O sábado, 18 de abril, 17:00 horas: No Pavillón Municipal terá lugar a proba de Fútbol Sala.
O sábado, 25 de abril, 18:00 horas: No Pavillón Municipal ou na Casa da Cultura (dependendo do número de asistentes e doutros aspectos técnicos) terá lugar a Proba Artística.
O sábado, 2 DE MAIO, 19:00 horas: No Pavillón Municipal terán lugar os Xogos Populares. Este día farase entrega tamén das medallas as tres parroquias...
leer más