O Vicedo
A comisión de festas de Santo Estevo organiza actividades de Entroido en O Vicedo para este sábado, 25 de febreiro.
Ás 16:30 horas empezará a festa infantil, na que haberá inchables; ás 18:30 horas actuará un mago e a partir das 21:30 horas celebrarase o desfile infantil con premios.
Ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o dúo D´Vicio e Discomovil Eventec.
Ás 00:30 horas sortearase unha cesta de Entroido e haberá o desfile de adultos. E ás 01:00 horas realizarase un espectáculo de fogos artificiais.
Os organizadores explican: “contaremos coa presenza dos xa amigos Duo Dvicio e Discomovil Eventec, que amenizarán a noite e, en dous descansos, faremos o sorteo da gran cesta de Entroido e o desfile de adultos. Ademais haberá unha pequena tirada de fogos...
leer másO bar Goretti, de O Vicedo, acollerá este sábado, 11 de febreiro, pola tarde un torneo de futbolín organizado pola comisión de festas de Santo Estevo.
A organización anuncia que “será o sábado 11 de febreiro (hora por determinar en función dos equipos) e haberá premios para os primeiros e segundos clasificados. Correde anotarvos no teléfono 634.81.16.85”.
O prazo para inscribirse remata este xoves, día 9, e o prezo son 10 euros por parella.
Desde o Concello explican que “retomamos unha actividade que se viña celebrando nos invernos previos á pandemia. Trátase dun torneo que terá lugar na tarde noite do 4 de febreiro co obxectivo de ofrecer unha pequena alternativa de ocio activo para a xente máis nova e adultos do municipio. Xa podedes anotarvos en omix@concellodovicedo.org ou por mensaxe privada no Facebook ou Instagram”.
O Torneo dará comezo o 4 de febreiro ás 18:00 horas na Casa da Cultura. O sistema de competición será fase de grupos e fase final para que cada xogador dispute un mínimo de partidas. Os premios consistirán en material de tenis de mesa para os tres primeiros clasificados.
A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo organiza un taller de elaboración de xabóns para o 4 de febreiro, sábado. Será de 17:00 a 20:00 horas na Escola do Vilar.
O aforo está limitado a 25 persoas e hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.418.902.
Esta actividade, que ten un prezo de 10 euros, inclúe teoría, materiais, a elaboración de dous xabóns, información impresa e mostra para levar.
A organización comenta que “o sábado 4 de febreiro pola tarde sacaremos os cacharros, as potas, a nosa culler de pau, mesturaremos compoñentes, faremos química e aderezaremos con plantas e follas que temos nos nosos campos. Queremos que veñades compartir con nós unha tarde agradable”.
A parroquia de Riobarba, no municipio de O Vicedo, celebrará a Festa do Patrón, San Pablo, o 21 de xaneiro, sábado.
Haberá misa ás 13:00 horas e sesión vermú a partir das 14:00 horas, que estará amenizada polo grupo Meritxell e repartiranse pinchos de lacón e empanada. Pola noite na verbena actuará o grupo Zafiro. E ademais sorteáranse dúas cestas.
O Vicedo acolle o 26 de novembro a segunda edición da concentración de coches clásicos organizada polo Club Clásicos O Vicedo.
As actividades comezarán ás 10.00 horas coa recepción dos vehículos na rúa Ciudad de Mondoñedo, as 12 do mediodía empezará a ruta e para as 14:00 está programado o xantar, para o que hai prazas limitadas. Para participar na comida é necesario reservar chamando aos teléfonos 626.836. 946 ou 679.763.191 e ten un prezo de 25 euros por persoa.
Volve o teatro á Casa da Cultura do Vicedo. Nesta ocasión será unha obra profesional a cargo de Ítaca Teatro, de Lugo. Trátase de Formigas no peto. A representación será o sábado, 19 de novembro, ás 20 horas con entrada gratuíta.
O intérprete é Carlos Rebolo. A dramaturxia corre a cargo de Ana Carreira e José Campanari e o director é tamém José Campanari.
Desde o Concello sinalan que “este ano podemos recuperar unha das citas socioculturais máis peculiares do Vicedo. Trátase do desfile de Samaín, que vai celebrar a súa edición número 18 xa, e que conta coa axuda imprescindible da APA do Vicedo para poderse facer”.
Será o vindeiro luns, 31 de outubro, a partir das 19:30 horas saíndo da Casa da Cultura, pasando por varias rúas do Vicedo e regresando á Casa da Cultura para compartir todos os participantes unha chocolatada, ofrecida pola APA.
“Unha novidade deste ano será o obradoiro de lámpadas terroríficas que organiza a APA o luns pola mañá para nenos e nenas de Primaria, do que informará máis ampliamente a propia asociación. Lembramos a importancia de seguir a tradición deste desfile de portar traxes brancos (sexa sabas ou camisetas moi longas) para que os...
leer másO próximo venres, 30 de setembro terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura do Vicedo a presentación do libro "Mar Gremial" de Vicente Míguez Salgueiro, antigo mestre do colexio vicedense. Será ás 20 horas.
Ademais do propio autor, na presentación intervirán: Carlos Nuevo Cal, como cronista oficial de Viveiro, e Jesús Novo Martínez, o alcalde do Vicedo.
O ciclo de cine na rúa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa venres e sábado con catro novas proxeccións de películas en galego en Parga (Guitiriz), O Chao do Pousadoiro (Ribeira de Piquín), San Román (O Vicedo), Castro de Rei, Pías (Lugo) e Loseiro (Sarria).
BELLA E O CIRCO MÁXICO | Guitiriz
Venres 16 de setembro | 10:00h | CEIP Santo Estevo de Parga
CUÑADOS | Ribeira de Piquín
Venres 16 de setembro | 21:00h | Praza de Chao de Pousadoiro
CUÑADOS | O Vicedo
Sábado 17 de setembro | 21:00h | Explanada da praia de San Román
O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA | Castro de Rei
Sábado 17 de setembro | 22:00h | Campo da Feira
VALENTINA I Lugo
Domingo 18 de setembro I 17.00h I Exterior da...