O Vicedo
Desde a organización animan á participación: “non dubides en apuntarte e crear un equipo cos teus amigos para pasalo ben co mellor deporte. Haberá premios en metálico para os gañadores”. E haberá trofeos para os máximos goleadores, para os mellores porteiros e para o xogador máis veterán.
Os partidos serán no Campo Boavista Folgueiro.
Os eventos están organizados pola Unión Deportiva Folgueira e colaboran o Concello do Vicedo e a Deputación de Lugo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no Vicedo na presentación da V Romaxe Viquinga que se celebrará na praia de San Román os días 29 e 30 de xullo. Xunto co alcalde, Jesús Novo, Arias subliñou o impulso que infunde este evento ao desenvolvemento turístico do municipio pese á súa corta traxectoria.
Neste sentido, o delegado lembrou que as campañas da Xunta Camiña a Galicia e Galicia Destino Seguro “axudaron xa o pasado ano a atraer turismo, e confiamos en seguir mellorando as cifras de visitantes grazas a una oferta baseada no patrimonio natural e cultural, con destinos non masificados e propostas diferenciadas como esta romaxe”.
A romaxe comezará o sábado 30 de xullo a partir das 10,30 horas coa apertura dos campamentos, e inclúe a recreación do desembarco viquingo e da batalla,...
leer másDesde Nordés Faladora sinalan: “como ben sabedes, a pandemia cambiou a nosa forma de vida neste último ano e medio en moitos aspectos, sendo no campo das relacións sociais onde podemos dicir que o prexuízo foi maior, limitando a interacción entre persoas que tan necesaria é para os seres humanos en xeral e para as crianzas en particular. Unha das consecuencias das restricións sanitarias foi a interrupción das actividades lúdico-pedagóxicas que Nordés viña organizando regularmente en colaboración cos colexios de O Vicedo e Mañón ata a chegada da COVID-19”.
E subliñan que “agora, coa case total desaparición das restricións, é o momento en que Nordés volve a propoñer a realización de actividades nas que desexamos contar coa participación da rapazada xunto coas súas familias e así recuperar dinámicas relacionadas coa natureza e a súa...
leer másA VII Ruta Cabalar do Vicedo desenvolverase o 4 de xuño. Está organiza pola asociación de Cabaleiros Rías Altas, do Vicedo, e conta coa colaboración do Concello vicedense, do Mesón O Remo e o restaurante Area Grande.
A saída será ás 10 da mañá desde a Casa da Cultura / Mesón o Remo.
A inscrición poderá realizarse ata o 1 de xuño nos seguintes teléfonos: 677 452 735 (Alejandro) e 652 399 628 (Óscar). Haberá xantar ás tres da tarde, que estará amenizado por un dúo musical. O prezo será de 20 euros por persoa.
Desde a organización subliñan que cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo.
A curtametraxe Jakobsland presentarase o sábado 9 de abril ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo. Para asistir é necesario anotarse na Casa da Cultura ou por teléfono (no 982.59.01.95) ou por mail en omix@concellodovicedo.org.
Jakobsland e unha produción de Queiman e Pousa dirixida por Roque Cameselle rodada nos concellos de O Vicedo e Mañón e xa foi presentada en Santiago. Do elenco forman parte actores como Isabel Blanco, Bruxo Queiman, Alfonso Agra, Sergio Pazos e Andrea Pousa.
A Comisión de Festas do Carme do Vicedo organiza un cocido popular que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de febreiro.
A festa dará comezo ás 13:30 horas cunha sesión vermú a cargo de JM. O menú estará composto por sopa de cocido, cocido, refrescos e viño, postres, cafés e chupitos. O prezo é de 25 euros.
As persoas interesadas deberán apuntarse, antes do 22 de febreiro, nos números de teléfono: 669 870 888, 605 503 760 e 670 418 709. Será necesario presentar el certificado de vacunación contra el covid-19.
Haberá carpa climatizada e a partir das 18:30 horas festa rachada con JM.
A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o vindeiro domingo, 26 de decembro, ás 19:00 horas o espectáculo de Avelino González "Contos de boa xente".
Como di o propio Avelino González: “a última vez que fun famoso foi porque facía de Miñato na serie Padre Casares e agora conto historias sen pantalla polo medio. As historias son para todos os públicos e segundo o público que haxa conto unhas ou outras. Nestes días que non sabemos se imos para adiante ou para atrás, os contos son seguros e divertidos”.
A Mariña en Ruta rematará este próximo sábado, 4 de decembro, co roteiro Camiñando entre volcáns, guiado por terras do Vicedo polo xeólogo Fran Canosa, actividade completa e que abriu lista de agarda hai semanas.
A última andaina desta edición de A Mariña en Ruta comezará na praia de San Román, desde onde os asistentes divisarán a cruz que lembra o naufraxio do Drácula, un impresionante mirador que servirá para observar a paisaxe desta contorna xeolóxica. Nesta ruta verán como se orixinaron os acantilados ou a Illa de Coelleira e descubrirán rochas do fondo mariño con máis de 400 millóns de anos de antigüidade. No areal poderán observar tamén formas xeolóxicas volcánicas.
A xornada deste pasado sábado, 27 de novembro, de A Mariña en Ruta levou aos participantes a coñecer a paisaxe cultural de San Tirso de...
leer másO Club Clásicos de O Vicedo organiza, en colaboración co Concello, o 20 de novembro a súa primeira concentración de coches clásicos.
Dará comezo ás 10.00 horas no muelle do Vicedo coa recepción dos vehículos, para poder desfrutar dos mesmos. Xa a media mañá comezará a ruta e ás 14.00 horas será o xantar.
Para participar no xantar é preciso reservar chamando aos teléfonos 626 836 946 ou 679 763 191. O prezo é de 25 euros. As prazas son limitadas.