O Vicedo
O Vicedo acollerá o venres 26 e o sábado 27 de xullo a sétima edición da Romaxe Viquinga, que foi presentada hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo. Participaron o delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do Vicedo, Jesús Novo; os membros da compañía Queiman e Pousa, encargados dalgúns espectáculos e actuacións; e integrantes doutras institucións colaboradoras como a Deputación de Lugo.
En canto ás actividades previstas, este ano comezarán o xoves 25 cunha ruta guiada pola zona dos Moutillós para explicar a orixe da celebración. O pregón a cargo do actor Alfonso Agra será o venres ás 20,30 horas no exterior da Casa da Cultura.
A xornada grande terá lugar o sábado 27 na praia de San Román. A partir das 11,00 horas abrirán os campamentos viquingos e cristiáns e comezarán os obradoiros. Ao longo do...
leer másO Vicedo celebrará a XXIV Festa do Cabalo este domingo, día 14 de xullo, no miradoiro do parque eólico de Riobarba.
As actividades empezarán ás 12:00 horas con misa na honra a San Vicente de Francos. Ás 14:00 horas haberá unha degustación de produtos típicos e ás 17:00 horas empezará un campionato ecuestre, con 1.740 euros en premios, que serán entregados ás 18:30 horas. E despois empezará o baile.
O club de fútbol Unión Deportiva Folgueiro, do Vicedo, celebrará unha comida popular este sábado, día 13 de xullo, para celebrar o seu 21º aniversario. Será no campo da festa do Folgueiro, onde haberá carpa.
As actividades desta celebración empezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Zafiro, que tamén actuará pola tarde xunto a un DJ. Tamén haberá sorteos.
O prazo para inscribirse remata o 11 de xullo.
O Centro Dramático Galego representará “De Vilatristre a Vilalegre” no Vicedo o mércores 10 de xullo
O Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario cunha programación especial que está a levar a xira por 100 concellos de Galicia e entre eles ao do Vicedo, a onde chegará o mércores 10 de xullo. Será no parque infantil da rúa Francisco Vilasuso ás 19:30 horas. O Centro Dramático Galego, en coprodución con A Utópica Rodante, presentará o texto de Roi Vidal Ponte titulado “De Vilatriste a Vilalegre” a bordo do Furgón Utópico.
Trátase dunha creación de pequeno formato baixo a dirección artística de Teatro o Cubo. Forman o elenco Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño.
O Concello de O Vicedo organiza un curso de iniciación ao kaiak que se desenvolverá do 8 ao 12 de xullo de 17 a 19 horas.
É unha actividade gratuíta destinada a nenas e nenos maiores de 11 anos empadroados no concello de O Vicedo. Hai 10 prazas e a inscrición faise a través do teléfono 982.59.01.95.
Ademais dentro do programa Mércores de Natureza, do Concello de O Vicedo, o día 17 ás 10:30 horas farase a subida do río Sor en kaiaks. A saída será no porto do Vicedo e desde Ribeiras do Sor os participantes regresarán en furgonetas. Esta actividade terá unha duración de dúas horas e o prezo é de 17 euros.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, da parroquia de Cabanas (O Vicedo), celebra a primeira Xornada Teatro Terra este sábado, 22 de xuño. Está organizada pola asociación cultural Volta e Dálle.
As actividades empezarán ás 17:30 horas cunha mesa redonda sobre o teatro, a música e outras manifestacións artísticas como ferramentas dinamizadoras. Estará coordinada polo fotógrafo Eduardo de Martís e participarán Alfonso Blanco Torrado, fundador da asociación cultural Xermolos, de Gutiriz; Marisa Freire Blanco , coordinadora e actriz do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros; Afonso García Pena, coordinador teatral da asociación Son D Aldea, de Palas de Rei; Ricardo Bellas Murias, coordinador de actividades da asociación O Nordés; e Antón Vázquez Turnes, coordinador e actor asociación Papaventos, de Vedra.
... leer másO deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este mércores na presentación da VII edición da Romaxe Viquinga do Vicedo 2024, que se celebrará os días 26 e 27 de xullo. No acto, que se desenvolveu na Casa da Cultura do Vicedo, sinalou que a Deputación de Lugo achega preto de 30.000€ para esta festa que recrea na praia de Area Grande o desembarco normando e a loita contra as tropas do rei Ramiro I na praia de Area Grande.
“A Romaxe Vikinga é moito máis que unha simple representación histórica. É unha celebración da nosa identidade, unha mostra de como a nosa terra foi e segue sendo un lugar de encontro e convivencia de culturas”, sinalou Carlos López. Destacou o impacto “positivo” que esta cita ten na economía local porque “este evento atrae a visitantes de todas partes, o que se traduce en beneficios para o comercio, a hostalería...
leer másO Concello de O Vicedo programa unha obra de teatro presentada polo grupo Aturuxeiros, de Bravos. Titúlase "Vaia co pronóstico" e será representada este sábado, 22 de xuño, ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo.
A Aula CeMIT do Vicedo organiza cursos nas mañás do verán desde o 24 de xuño ata o 6 de setembro para nenos e nenas a partir de 7 anos e adultos. Haberá varios grupos por idades e horarios e a inscrición é gratuíta.
As prazas para participar poden reservarse por teléfono, no 982.59.01.95, por correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com ou polas redes sociais de forma privada.
Estas actividades enmárcanse dentro do programa de xeoturismo do Plan de Sostibilidade Turística, que arrincaba a finais de 2023 e está contando con moi boa acollida.
O 16 de xuño terá lugar a xeoruta do Ollo do Sapo, no Vicedo, que se desenvolverá entre as 10:30 e as 13:30 horas, guiada polo xeólogo Fran Canosa. Son 7 aínda as prazas dispoñibles para gozar deste paseo duns 7 quilómetros e medio a través dunha paisaxe de enorme beleza.
Os asistentes terán a oportunidade de coñecer a costa vicedense, esculpida sobre as rocas denominadas Ollo de Sapo, que foron orixinadas pola transformación metamórfica de magma e as cinzas dunha enorme cadea de volcáns explosivos, que chegaban ao Vicedo desde o centro da península.
E para o 29 de xuño está prevista a xeoruta da Marosa, en Burela, de 10 a...
leer más