O Vicedo

26/02/2026

O Folgueiro, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Antroido este sábado, día 28 de febreiro, desde as 20:30 horas.

Este evento está organizado polo club de fútbol UD Folgueiro, que anuncia: “este sábado 28 de febrero celebramos o Antroido no Folgueiro por todo o alto. A partir das 20:30 horas haberá degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Antroido (gratis ata fin de existencias). E despois, baile ata que o corpo aguante cos dúos D’Vicio e Venus. Haberá premios para os mellores disfraces: grupos, 150 puntos; parellas, 100 puntos; e individual, 50 puntos”.

Etiquetas:
26/02/2026

O grupo Andanzas, de Viveiro, representará a obra titulada Los hombres no mienten, este sábado, día 28 de febreiro, ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo.

Trátase unha comedia destinada a público adulto e con entrada gratuíta.

 

Etiquetas:
17/02/2026

No Vicedo haberá festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro. As actividades comezarán ás 13:30 horas coa sesión vermú.

Este evento está organizado pola comisión de festas na honra a Santo Estevo e a Santa Lucía, que anuncia: “nesta ocasión celebramos o Entroido coas actuacións dos grandísimos artistas dúo Alba y Selu e Juanjo Music , que estarán con nós tanto na sesión vermú dobre coma na gran verbena. Coma sempre, haberá festa infantil organizada pola APA e, deseguido, merendola na carpa. Tamén contaremos co tradicional desfile tanto infantil coma adulto, cos seus respectivos premios aos mellores disfraces”.

16/02/2026

A parroquia de San Román do Val, no municipio de O Vicedo, celebrará unha festa de Entroido este venres, día 20 de febreiro, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola Asociación de Mulleres de San Román do Val, en cuxo local terá lugar a celebración.

Haberá premios para os mellores disfraces (individual, parella e grupos) e degustación de xamón cocido, chourizos e produtos típicos do Entroido. E a festa estará amenizada coa música do dúo Primera Línea.

16/01/2026

La comisión de las fiestas del Carmen de O Vicedo organiza una comida popular para el día 31 de enero, sábado.

Las actividades del evento empezarán a las 13:30 horas con sesión vermú a cargo del dúo Caramelo. A continuación habrá la comida popular, que incluye sopa, cocido, bebida, pan, postre, café y chupito. Para participar hay que apuntarse antes del 26 de enero. Después de la comida habrá verbena amenizada por el dúo Caramelo.

La organización destaca que dispondrán de carpa climatizada.

30/12/2025

O grupo musical Escolma de Meus, de Viveiro, ofrecerá un concerto no Vicedo este sábado, día 3 de xaneiro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

O Concello do Vicedo anuncia: “comezaremos o ano cultural 2026 cun concerto a cargo do grupo de Viveiro Escolma de Meus. Un día para lembrar grandes cancións da historia da música”.

30/12/2025

Este mércores, día 31 de decembro, celebrarase a primeira edición da carreira San Silvestre en O Vicedo.

A saída das probas será desde a rúa Francisco Vilasuso: a infantil ás 16:30 horas, a andaina ás 16:50 horas e a carreira de adultos ás 17:00 horas.

Este evento deportivo está organizado pola Comisión de Festas de Santo Estevo e Santa Lucía, que agradece “a gran acollida e participación que tivo esta actividade por parte do pobo, ademais da colaboración por parte dos locais da zona, sodes os mellores”.

Etiquetas:
26/12/2025

A Banda da Agrupación Cultura e Musical Dambara, de Burela, actuará no Vicedo este sábado, día 27 de decembro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

“No concerto da Banda da ACM Dambara de Burela máis de 30 integrantes subirán ao escenario da Casa da Cultura para ofrecernos un concerto de Nadal”, anuncia o Concello do Vicedo.

08/12/2025

A Casa da Cultura do Vicedo acollerá este xoves, día 11 de decembro, a presentación do cómic titulado O Día de San Martiño.

“Unha nova actividade na Casa da Cultura! Cristian F. Caruncho, que ben coñecemos porque foi o encargado estes últimos anos da creación dos carteis da Romaxe Viquinga, acaba de presentar un novo cómic chamado O Día de San Martiño. Un divertidísimo western rural”, cheo de acción e humor”, explica o Casa da Cultura, que ademais anuncia: “dividiremos a presentación en dúas partes, unha máis infantil ás 17:30 horas, xa que os nenos e nenas de Primaria xa o coñecen ben e seguro que lles encantará; e a presentación máis oficial para todos os públicos ás 19 horas. O lugar elixido será a biblioteca da Casa da Cultura”.

27/11/2025

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), organiza a Tarde do Porco de Pedra este sábado, 29 de novembro, que será o último día da programación desde ano 2025.

As actividades comezarán ás 18:00 horas con Ofrendas teatreiras e diálogos co Porco de Pedra dos Andrade. Ás 19:00 horas actuarán os artistas convidados: X.H. Rivadulla Corcón, con O porco Vladimir e outras historias e Anxo Moure, con Pés de lobo. E ás 20:30 horas haberá un  concerto de Erikas e Peluxías, con Ugía Pedreira

A entrada é de balde.