
No Vicedo haberá festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro. As actividades comezarán ás 13:30 horas coa sesión vermú.
Este evento está organizado pola comisión de festas na honra a Santo Estevo e a Santa Lucía, que anuncia: “nesta ocasión celebramos o Entroido coas actuacións dos grandísimos artistas dúo Alba y Selu e Juanjo Music , que estarán con nós tanto na sesión vermú dobre coma na gran verbena. Coma sempre, haberá festa infantil organizada pola APA e, deseguido, merendola na carpa. Tamén contaremos co tradicional desfile tanto infantil coma adulto, cos seus respectivos premios aos mellores disfraces”.


