Cómic
A Casa da Cultura do Vicedo acollerá este xoves, día 11 de decembro, a presentación do cómic titulado O Día de San Martiño.
“Unha nova actividade na Casa da Cultura! Cristian F. Caruncho, que ben coñecemos porque foi o encargado estes últimos anos da creación dos carteis da Romaxe Viquinga, acaba de presentar un novo cómic chamado O Día de San Martiño. Un divertidísimo western rural”, cheo de acción e humor”, explica o Casa da Cultura, que ademais anuncia: “dividiremos a presentación en dúas partes, unha máis infantil ás 17:30 horas, xa que os nenos e nenas de Primaria xa o coñecen ben e seguro que lles encantará; e a presentación máis oficial para todos os públicos ás 19 horas. O lugar elixido será a biblioteca da Casa da Cultura”.
O Concello de Burela acolle unha actividade de iniciación á banda deseñada na Casa da Xuventude. Trátase dun obradoiro creativo titulado Creando Personaxes de Cómic, con Alberto Guitián. Será o día 9 de novembro, sábado, ás 11:30 horas, e as prazas serán limitadas e asignadas por orde de inscrición, sendo 20 en total.
“No obradoiro, dirixido a rapazada de 10 a 14 anos, aprenderanse as claves e técnicas para construír personaxes de BD e debuxaranse tiras propias. As persoas participantes deberán levar papel A4, lapis, rotuladores de punta fina, ademais do material que queira traer cadaquén”, explica o Concello de Burela.
Para participar hai que inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Burela de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
O mércores, 14 de xuño, ás oito e media da tarde estará na Librería Bahía Octavio Beares para falar do cómic galego.
Octavio Beares é autor do libro A historia do cómic en Galicia, publicado por Galaxia, no que fai un repaso da contribución galega a esta arte, na que destaca nas últimas xeracións Miguel Anxo Prado ou Isaac Rubín, ambos merecedores de premios a nivel estatal. Ademais é crítico de cómic no Faro de Vigo, cidade na que reside habitualmente e cofundador da revista Cuco, cadernos de cómic.
Beares exerce como profesor no ensino medio e actualmente está dando aulas no Insitituto de Foz.
O Concello de Viveiro, xunto á área de Cultura da Deputación de Lugo, presenta o cómic conmemorativo do Bicentenario do Afundimento do Bergantín Palomo e da Fragata Magdalena en augas da Ría de Viveiro, un evento que fora celebrado no ano 2010.
O acto de presentación do cómic, realizado por Primitivo Marcos Ferreiro, terá lugar este sábado, 27 de marzo, ás 12:30 na Sala Multiusos da Casa do Concello, con aforo limitado.
A presentación do cómic contará coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; María Rosario San Isidro Franco, secretaria da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro e coordinador da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Primitivo Marcos Ferreiro, autor do cómic, e Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo.
... leer más






