Cristian F. Caruncho presenta o cómic “O Día de San Martiño” este xoves, 11 de decembro, no Vicedo

A Casa da Cultura do Vicedo acollerá este xoves, día 11 de decembro, a presentación do cómic titulado O Día de San Martiño.

“Unha nova actividade na Casa da Cultura! Cristian F. Caruncho, que ben coñecemos porque foi o encargado estes últimos anos da creación dos carteis da Romaxe Viquinga, acaba de presentar un novo cómic chamado O Día de San Martiño. Un divertidísimo western rural”, cheo de acción e humor”, explica o Casa da Cultura, que ademais anuncia: “dividiremos a presentación en dúas partes, unha máis infantil ás 17:30 horas, xa que os nenos e nenas de Primaria xa o coñecen ben e seguro que lles encantará; e a presentación máis oficial para todos os públicos ás 19 horas. O lugar elixido será a biblioteca da Casa da Cultura”.