O Vicedo

Etiquetas:
08/11/2021

Esta semana volve o teatro á Casa da Cultura de O Vicedo. 

O sábado, 13 de novembro, ás 20 horas O Grupo Nova Escena Teatro, de Lugo, representará a obra “A Tortilla e a Peste”. 

Varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía. 

A entrada é gratuíta.

22/10/2021

Ao abeiro do ciclo de Monicreques 2021 da Área de Cultura da Deputación de Lugo este sábado, 23 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura do Vicedo estará Trécola Producións co seu espectáculo “Show de Barallocas”.

Barallocas é un ser despistado e apaixoado que en cada obxecto, sombra ou mesmo na palma da man atopa un xogo. Unha ilusión que vai medrando ata que enreda e esvara con todo conseguindo chegar á maior desfeita endexamais imaxinada. 

A entrada é de balde. Organizan: asociación de veciños de San Román e Casa da Cultura de O Vicedo. 

 

Etiquetas:
15/10/2021

O circuíto de teatro profesional Aparte da Vicepresidencia da Deputación de Lugo fai parada este sábado na Mariña. O Vicedo acollerá a obra “Pinconus” de Hipócrita Teatro, na que a música e o humor xúntanse en escena para narrar as aventuras e desventuras dos protagonistas. 

A montaxe, destinada a público de todas as idades, envolve ao espectador nunha viaxe cara un lugar ao que todos queren ir, pero moi poucos se atreven: Pínconus. Sucederanse unha serie de estratexias por parte das personaxes que interpretan Ana Carreira, Carlos Rebolo, Marga Portomeñe e Carlos Coira.

Unha comedia musical para toda a familia que non deixará indiferente a ninguén, con texto e dirección de José Campanari e música de Piti Sanz. A representación será ás 20 horas na Casa da Cultura do Vicedo.

 

Etiquetas:
05/10/2021

A Casa da Cultura de O Vicedo acolle este xoves, 7 de outubro, ás 16:45 horas, o espectáculo infantil A Caixa sen Pandora, dentro do programa Ler conta moito.

Trátase dunha historia interactuada con Montse Piñón e Pepablo Patinho que propón metaforicamente  que pasaría se Pandora non abrise a caixa, entendendo que abrir a caixa é a loita das mulleres pola igualdade.

O espectáculo está dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos. 

Etiquetas:
21/09/2021

Esta semana, na Casa da Cultura, actuará Cirkote, trátase dun espectáculo de malabares. A función será o próximo xoves, 23 de setembro. a partir das 16:30 horas. Trátase dun bo plan para comezar a tarde despois dunha mañá de traballo na escola. A actividade enmárcase no programa Culturactiva.

De Cirkote dise: “Cirkote, circo de calle y teatro, malabares y humor, sobre todo mucho humor. KOTE MALABAR lleva cerca de 20 años haciendo reír y disfrutar a todo tipo de públicos en infinidad de actuaciones por fiestas, ferias, festivales y demás actos lúdicos y de entretenimiento. En el espectáculo combina técnicas de circo, clown y teatro cómico y de participación, en una relación directa actor-público en un espectáculo en el que puede pasar de todo, incluso que tu acabes siendo la estrella de la función”.

Etiquetas:
24/08/2021

Seguen os mércores na natureza no Vicedo. Esta semana toca Baixada do Río Sor en Kaiaks. 

Desde a organización sinalan que “encaramos a última semana completa de agosto cunha ruta tradicional pero moi divertida: A Baixada do Río Sor en kaiaks. Será o mércores ás 10:30h (punto de encontro no Porto do Barqueiro) e quedan poucas prazas dispoñibles para poder participar. En todo caso, haberá outra baixada do Sor o mércores 1 de setembro, neste caso en horario de tarde”. 

 

17/08/2021

Este xoves, día 19 de agosto, ás 21:30 horas haberá un concerto na terraza da Casa da Cultura de O Vicedo a cargo de Acordeireta, un grupo formado por Patricia González e Alejandro Balbuena.

Coa música do acordeón e da pandeireta acompañados polas súas voces ofrecerán un concerto moi variado de música galega.

Para asistir a esta actuación a entrada é libre ata completar o aforo.

Etiquetas:
10/08/2021

Este venres, 13 de agosto, a charanga feminina Brassica Rapa amenizará a tarde noite do Vicedo cos seus ritmos pegadizos polas rúas e locais hostaleiros do núcleo do Vicedo. Será a partir das 21 horas.

E o xoves 12 ás 20:30 horas na Casa da Cultura terá lugar a entrega de premios do Concurso de Fotografía Turística Concello de O Vicedo, neste caso dedicado ao patrimonio histórico. O prazo de presentación de fotos remata ás 14 horas deste martes, día 10.

Etiquetas:
26/07/2021

O mércores ás 10:30 horas, aínda queda algunha praza libre, para a xeoruta que guiará o xeólogo Fran Canosa nas praias de Area Grande e Xilloi. A actividade é gratuíta. 

Por outra parte, o sábado ás 22 horas, na explanada do antigo varadoiro, terá lugar o espectáculo de Andrea Pousa: "Retorno". Cumpriranse todas as medidas de aforo e distancia establecidas nas normativas da Xunta de Galicia. Esta actividade tamén é gratuíta.

 

Etiquetas:
13/07/2021

Desde o Concello sinalan: “comezamos unha nova semana con actividades, nesta ocasión concentradas no mércores 14. Ás 20 horas teremos música rock infantil con Paco Pakolas e Laura Romero co espectáculo Ti debuxas, eu C@nto con Ramona Órbita. Trátase dun espectáculo de animación á lectura subvencionado pola Xunta de Galicia en Ler Conta Moito”. 

E engaden: “e ás 22:30 horas será a ruta nocturna que parte da zona da ponte sobre o río Sor e remata na praia de Xilloi con chocolatada opcional por 2 euros. Unha actividade para toda a familia para as noites de verán. Inscricións no 982 59 01 95 ou no mail omix@concellodovicedo.org”.