O Vicedo
Mañá, sábado, terá lugar no Vicedo a representación da obra "La Pimentera" na que se aborda unha temática moi interesante no marco do 8m: O papel das mulleres nos pobos.
Será ás seis da tarde na Casa da Cultura. Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa COVID-19.
Desde a organización sinalan que “coma outros concellos de Galiza, #Mañón, O #Vicedo e #Ortigueira levan moitos anos sofrindo perda de poboación pola emigración da xuventude e un crecemento vexetativo negativo. Paralelamente, a taxa de envellecemento vai en constante crecemento, aínda que, por outra banda, a porcentaxe de homes e mulleres en idade laboral sitúase arredor do 55% nos tres concellos onde desenvolve a súa actividade Nordés, e para quenes van destinadas as xornadas organizadas baixo o título de “Alternativas do rural” dende o ano 2018: falamos de diferentes proxectos de traballo no sector primario, do potencial da xestión comunal dos montes ou das persoas que decidiron dotar de servizos ao rural. As “alternativas” naceron cos obxetivos de transmitir a necesidade de recuperar o rural, de manter os coñecementos de miles de anos de evolución que deron...
leer másEsta semana en O Vicedo haberá música e humor. O Grupo Píscore presenta o "Concerto Singular", que tivo que ser aprazado hai 15 días. Finalmente será este sábado, 9 de xaneiro, ás 18:30 horas na Casa da Cultura.
Debido ás normas sanitarias establecidas pola Xunta de Galicia o aforo está limitado a 60 persoas.
O Concello de O Vicedo continúa coa súa programación de Nadal coa actuación do Mago Deimi, que terá lugar o vindeiro domingo, 3 de xaneiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
Trátase dun espectáculo de maxia variada e divertida, moi dinámica e cun toque de humor e desenfado que encaixa á perfección co público familiar. Destaca a técnica deste mago con moita experiencia e dilatada traxectoria en cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, levitacións, aparicións e desaparicións, maxia con lume e transformacións, entre outros. Toda a montaxe está acompañada de grandes doses de retranca e música de fondo para marcar o ritmo dun espectáculo no que é fundamental a participación do público.
Manteranse as medidas establecidas por Sanidade e o aforo estará limitado a 60 persoas ás que se lles vai ir asignando butaca...
leer másO Concello de O Vicedo programa a representación da obra infantil "O vixilante dos soños", a cargo de Ubú Teatro. A función terá lugar este venres, 13 de novembro, na Casa da Cultura a partires das 16:45 horas, con entrada gratuíta.
Debido á normativa do covid, só poderán asistir un máximo de 60 persoas.
Colabora con esta actividade: Área de Cultura da Deputación de Lugo e o grupo Ubú Teatro.
O Concello de O Vicedo organiza un magosto que se celebrará este sábado, 7 de novembro, e que se desprazará polas parroquias para levar as castañas e celebrar a chegada do outono.
Ás 12:00 horas comezará o percorrido en Cabanas, no Cruce da Taberna; sobre as 12:45 horas chegará á Escola de Riobarba e, ás 13:30 á Igrexa de Mosende.
Pola tarde, ás 17:00 horas visitará a Escola Unitaria de Folgueiro, ás 17:45 na Igrexa de San Román e ás 18:30 no Campo da Festa de Negradas. O magosto continuará por Beronda onde estará ás 19:15, polo Centro de Saúde ás 19:45 e Cacheiro ás 20:00 horas.
Rematará a xornada polo Porto do Vicedo na intersección entre as rúas do Porto e Cidade de Mondoñedo ás 20:30 horas; na Escola ás 21:00 e na Igrexa ás 21:15 horas.
Os horarios son orientativos e manteranse...
leer másO Concello de O Vicedo e a APA organizan unha programación especial do Samaín, por mor do Covid, e convidan aos nenos e nenas a enviar fotografías relativas a esta data.
O Concello comunica que polas limitacións do Covid non se vai poder facer o tradicional percorrido polas rúas da vila. Por iso anima a tod@s a enviar unha fotografía da casa decorada con motivos do Samaín ou vestidos para a ocasión, ou un debuxo ou foto dunha cabaza pintada. A actividade está destinada aos nenos e nenas do Colexio do Vicedo.
As fotografías poden enviarse por mail a apuntes@concellodovicedo.org, antes do mércores 28 de outubro, ás 19:00 horas.
Todos aqueles que manden ese correo electrónico serán visitados na casa para recibir un agasallo especial Samaín....
leer másO Concello de O Vicedo programa para esta semana varias actividades culturais que comezan este xoves, 1 de outubro, ás 16:30 horas na Casa da Cultura, coa actuación de Larraitz Urruzola que presenta A festa dos monicreques.
Conta a historia dona Barriga Verde, unha pícara pandereteira, que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vence ao medo e ás inxustizas defendendo a súa integridade e amor propio fronte aos monstruos, ao amor, á morte e ata ao mismísimo demo.
O sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas tamén na Casa da Cultura, Expresión Produccións representa Que é o que preciso?. A obra, unha comedia de enredo, é para todos os públicos.
En ambos espectáculos a entrada é de balde e respectaranse as normas de prevención do Covid-19. As butacas están numeradas e serán asignadas a...
leer másO Concello de O Vicedo afronta esta nova semana coa segunda edición das Xeorutas e o espectáculo do Circo Chosco “Riscando o ceo”, dúas citas indispensables para toda a familia os días 19 e 20 respectivamente.
O mércores, 19 de agosto, ás 10 horas terá lugar a segunda edición das Xeorutas a cargo do xeólogo Fran Canosa. Nesta ocasión, os participantes poderán visitar e coñecer máis de cerca as praias de Area Grande e Xilloi. A actividade está pensada para toda a familia, con rutas fáciles para todas as idades e con desprazamentos pequenos que se farán en coches particulares. Esta nova edición das Xeorutas será gratuíta e terá prazas limitadas, polo que os interesados deberán apuntarse chamando ao teléfono 982 59 01 95.
Por outra banda, o xoves, 20 de agosto, ás 20 horas, O Vicedo acolle o espectáculo “Riscando o...
leer másO Concello de O Vicedo organiza este mércores, 12 de agosto, unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks. A ruta de sendeirismo comeza en Ponte Ulló para rematar en Ribeiras do Sor onde sae a ruta en kayak ata o Porto do Vicedo.
O xoves 13 ás 21:00 horas terá lugar a entrega de premios do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo. Celebrarase ademais un coloquio cos propios fotógrafos en torno ás imaxes presentadas.
O sábado 15 ás 10:00 horas, haberá unha ruta en kayaks con subida do río Sor. A saída será do porto do Vicedo e o final no entorno de Ribeiras do Sor. O prezo por persoa é 17 euros e a inscrición é obrigatoria para as actividades de natureza o teléfono 982 59 01 95.
Por mor das medidas sanitarias de prevención fronte ao Covid-19, haberá limitación de aforo a 20 persoas para as...
leer más