O Vicedo

Etiquetas:
28/08/2018

O vindeiro martes, 4 de setembro, terá lugar na Casa da Cultura do Concello de O Vicedo un obradoiro titulado Monta e pilota un dron Tech Kids.

A actividade, de carácter gratuíto, enmárcase no programa Tech Kids en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Está dirixida a nenos e nenas con idades entre 8 e 12 anos, e desenvolverase en horario de 9:00 a 14:00 horas.

As prazas son limitadas e as inscricións deben facerse na aula CeMIT de O Vicedo ou nos teléfonos 982 59 01 95, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e 687 28 80 08.

Organizan: Xunta de Galicia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

 

Etiquetas:
11/07/2018

O Concello lucense do Vicedo presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a celebración da “Romaxe Viquinga 2018”, que terá lugar os días 27 e 28 de xullo e que xurdiu tras o descubrimento dun posible asentamento viquingo no municipio. Na presentación interviñeron o alcalde-presidente do municipio, José Jesús Novo Martínez, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, o dúo artístico Queiman e Pousa, en representación da parte artística do evento, o senador José Manuel Barreiro e o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.

No acto presentouse a programación desta terceira edición da romaría, proxectouse un vídeo promocional con imaxes da pasada edición e Queiman e Pousa actuaron en directo con varias cancións do seu espectáculo nas que brillou a bela voz de...

leer más
Etiquetas:
14/06/2018

Este venres, 15 de xuño, conmemorando o Día Mundial do Medio Ambiente celebrado o 5 de xuño a asociación Nordés organiza a xa tradicional xuntanza entre nenas e nenos do CEIP Francisco López Estrada do Concello de Mañón e CEIP O Vicedo.

A xornada de convivencia terá lugar na área recreativa da Ponte Segade, con actividades de concienciación e de aprendizaxe activo, vertebrado a través do Proxecto Ríos de primavera.

Estará dividida en estacións a cargo de voluntarios e especialistas. Abordarase a análise da augas do río Sor para testar o estado da súa saúde, un dos requisitos do Proxecto Ríos. Ademais farase un roteiro pola ribeira do río seguindo un tramo da ruta de sendeirismo homologada que percorre a beira do Sor. Búscase achegar a riqueza de flora e da fauna, e á vez utilízase este paseo para completar o...

leer más
Etiquetas:
30/04/2018

O Concello de O Vicedo organiza a XI Ruta dos Pinchos os días 4, 5, 12 e 13 de maio.

Os sete establecementos participantes servirán os seus pinchos a un prezo de 2 euros. O horario será os venres e os sábados entre as 20:00 e as 23:00 horas e o domingo de 12:00 a 15:00 h.

Haberá dúas rutas e a primeira terá lugar o venres 4 e o sábado 5. Nela participarán cafetería Casa da Cultura con tropical de polbo á prancha con triguero crocante, café-bar San Esteban con albóndigas sorpresa, La Bodeguita del Puerto con capricho de La Bodeguita, e merendero Los Árboles de Xilloi con tixoliña de torresmos.

A ruta continuará o sábado 12 e o domingo 13 en Chiringuito de Abrela en Suegos con brocheta de filete recheo de bacon e roquefort con polenta de parmesano, restaurante Area Grande de San Román con O...

leer más
Etiquetas:
18/04/2018

A asociación cabalar Rías Altas organiza o 26 de maio a V Ruta Cabalar O Vicedo.

A saída será ás 10:00 da mañá desde o peirao de O Vicedo e a ruta discorrerá polos paraxes do concello. Ás 15:00 horas haberá un xantar, o prezo por persoa é 20 euros e a inscrición pode facerse ata o día 23 de maio. Os teléfonos de contacto son: 677 452 735 (Alejandro) e 679 622 314 (Cristian).

A organización informa que se trata dun paseo a cabalo e non dunha competición, non se fai responsable dos danos ocasionados a terceiros e é obrigatorio o seguro do animal.

 

Etiquetas:
22/02/2018

A asociación Nordés Faladora organiza este sábado, 24 de febreiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo, unha charla sobre a orixe da toponimia e a microtoponimia neste concello.

A conferencia correrá a cargo de Xosé Luís González quen, para loitar contra a perda da microtoponimia a causa da despoboación do rural e do éxodo á cidade, creou unha serie de bitácoras on line que buscan conservar e explicar a orixe dos nomes de camiños, partes dunha aldea, montes, parroquias e regos dos concellos da Mariña e do Ortegal.

 

Etiquetas:
20/02/2018

A Aula CEMIT do Concello de O Vicedo acolle o 5 de marzo, unha charla sobre os dereitos das persoas usuarias dos talleres de reparación de vehículos. Terá lugar na Casa da Cultura entre as 11:00 e as 12:00 horas.

Esta charla, impartida pola Escola Galega de Consumo, exporá os dereitos e deberes d@s usuari@s dos talleres de reparación de vehículos, así coma unha serie de recomendacións a ter en conta.

As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse deben dirixirse á Aula CEMIT de O Vicedo, sita na Casa da Cultura, en horario de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres. O número de teléfono é o 982 590 195 e a dirección de correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.es

 

Etiquetas:
24/01/2018

A Casa da Cultura de O Vicedo acolle o venres, 26 de xaneiro, unha noite de xogos de mesa, que tamén terá unha edición de tarde para nen@s.

As actividades desenrolaranse cos xogos Tabú, Pasapalabra, Party & Co, Superpoly, 4 en Liña, Xadrez, Parchís, Fantamas Blitz, Torre Equilibrio, Oca, Scrabble e Pictionary entre outros.

A xornada desenvolverase entre as 17:00 e as 20:00 horas para nen@s de 4º a 6º de primaria, e de 21:30 a 00:00 horas para maiores de 12 anos (incluíndo adultos).

 

Etiquetas:
27/11/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta para o sábado 9 de decembro que discorrerá polo coñecido Fuciño do Porco.

A saída será ás 8:00 horas do Concello, o nivel de dificultade do percorrido é medio, e recomendase levar equipo de sendeirismo.

O prezo é 25 euros para os socios federados, 30€ para os socios non federados e 35 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

É obrigatorio anotarse e o prazo remata o martes 5 de decembro. As persoas interesadas poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es

O Concello de Foz colabora con esta actividade.

 

Etiquetas:
06/11/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde do Vicedo, José Jesús Novo Martínez, presentou a actuación musical de Lucus Ensemble que terá lugar o vindeiro sábado 11, a partir das 19:00 horas, na Casa da Cultura do concello mariñán.O Goberno da Deputación fai posible a celebracióndesta actividade grazas a unha achega de 1.500 euros, co obxectivo de dinamizar a vida social e cultural deste municipio e da súa contorna.

García Porto subliñou que “nesta anualidade destinamos preto de 8.000 euros á organización de eventos lúdicos e culturais no Vicedo, entre os que se atopan o Xuvenlugo, xogos tradicionais na Festa dos Avós e Netos, e esta actuación de Lucus Ensemble que hoxe presentamos. Así mesmo, promovemos as prospeccións arqueolóxicas en Moutillóns e Coelleira. Todo isto co obxectivo de colaborar co Concello na posta en...

leer más