Acordeóns

23/04/2023

Volve a música á Casa da Cultura do Vicedo. Esta vez cunha actuación do grupo de Acordeonistas da Mariña que presentarán cancións moi coñecidas polo público e acompañadas pola correspondente percusión. 

Será o sábado 29 de abril ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Desde o Concello convidan a asistir: "Animádevos a disfrutar da música en directo”. 

 

07/12/2022

O 10 de decembro ás 19:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura terá lugar un concerto da Asociación de Acordeonistas da Mariña.

Trátase dnha ocasión única para poder desfrutar da música a través da interpretación de 15 acordeonistas da bisbarra. A entrada é de balde, ata completar aforo e está dirixida a todos os públicos. 

A Área de Cultura municipal segue apostando pola música e o teatro neste mes de decembro e agradecendo a boa acollida por parte do público, non só de Alfoz senón de toda a Mariña que se achega a participar na oferta cultural do concello.

O 17 de decembro ás 19:00 horas tamén no Salón de Actos da Casa da Cultura Monicreques KuKas presentará "Xan Perillán e a maleta máxica".

Ao remate da representación entregaranse os premios do XX...

leer más
Etiquetas:
10/05/2022

Os Acordeonistas da Mariña actuarán este domingo, 15 de maio, ás 13:30 horas, na Praza dos Campos, en San Ciprián, dentro do programa " A Caixa da Música", que promove todas as semanas o Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, que dirixe Dolores García Caramés. 

 

Etiquetas:
11/12/2019

Este sábado, 14 de decembro, terá lugar en Ribadeo un concerto do grupo Lagunak. Será no Cine Teatro ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros. Este grupo fará ademais unha visita á nova residencia de maiores, ese mesmo sábado ás 18:00 horas.

O domingo, 15 de decembro, o grupo Palimoco Teatro presentará Queres que cho conte?. Haberá dúas actuacións, unha na Residencia de Maiores ás 12:00 horas; e outra no Auditorio Municipal ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

Trátase de oito contos da nosa tradición oral recollidos pola provincia de Lugo e protagonizados por animais, algunha persoa e elementos como o vento, a auga e o lume. A posta en escena do espectáculo conta con cinco intérpretes que, a través da lectura dramatizada apoiada nas músicas orixinais compostas para este proxecto, lévanos a un...

leer más
Etiquetas:
17/03/2015
O Quintento de Acordeóns Lagunak, de Vitoria-Gasteiz, actuará o sábado, 21 de marzo, no Cine Teatro de Ribadeo.
 
O Quinteto de Acordeóns Lagunak, de Vitoria-Gasteiz, interpretará clásicos de  Henry Purcel, Víctor Gutiérrez, Vivaldi, Vittorio Monti, Rossini , Ketelbey ou Sorozábal.
O Quinteto de Acordeóns Lagunak creouse no ano 2001. Está formado por ex compoñentes da Orquestra de Acordeóns Lagunak, cunha longa traxectoria musical cuxo obxectivo foi sempre dar a coñecer o acordeón coma un instrumento sinfónico, sen esquecer a súa faceta máis popular. 
O concerto terá lugar o sábado, 21 de marzo, ás 20:30 horas no Cine Teatro. O prezo da entrada será de 2 euros.