O Vicedo
O Concello de O Vicedo convida aos seus veciños a contribuír coas súas aportacións ao museo fotográfico online no que está a traballar nos últimos anos.
Dende o Concello manifestan que nestes momentos de confinamento pode darse unha boa oportunidade para buscar na casa álbums vellos e fotos antigas para subilas á web http.//www.phottic.com/gl/memorias-do-vicedo. Esta web leva uns anos funcionando e mostra o pasado deste concello a través dos oficios, as festas, as paisaxes, etc… A idea é crear un museo fotográfico online polo que anima a tod@s a subir as súas fotografías que poden ser escaneadas ou unha fotografía feita co móbil á instantánea antiga para despois subila. As fotografías tamén poden mandarse por mail a omix@concellodovicedo....
leer másA Comisión de Festas do Carme O Vicedo 2020 organiza un cocido popular o 15 de febreiro.
O menú estará composto de caldo de cocido, cocido, refrescos e viño, postres, cafés e chupitos. O prezo é 22 euros por persoa e para os menores de dez anos será gratis. As persoas interesadas poden apuntarse, antes do 12 de febreiro, nos números de teléfono: 629 87 08 88, 605 50 37 70 e 670 41 87 08.
A partir das 13:30 horas haberá sesión vermú con JM e a recanteira Ena. Rematado o xantar, ás 18:30 horas, comezará festa rachada amenizada por JM.
O grupo de teatro Obra Viva do Seminario de Estudos Terra de Viveiro ofrecerá a súa última representación da obra Casa Macho de Vicente Míguez.
Será este domingo, 19 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura do Vicedo. A entrada é gratuíta.
A obra fala dun conflito familiar e de machismos en clave de humor. Está interpretada por dezasete actores dirixidos por Vicente Míguez.
Os Concellos do Vicedo e de Mañón e a Xunta de Galicia organizan un Curso de Turismo, Educación e Ocio vinculado á Ornitoloxía na costa norte de Galicia, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de outubro.
A actividade é gratuíta e está dirixida a persoas de 18 a 30 anos. As prazas son limitadas.
O venres, 4 de outubro, o curso desenvolverase no Concello do Vicedo. Pola mañá están programadas charlas sobre as paisaxes no norte de Galicia e as súas aves terrestres e mariñas, ademais haberá un paseo ornitolóxico guiado pola costa do Vicedo. Pola tarde terá lugar unha observación de aves desde o cabo de Estaca de Bares.
O sábado, 5 de outubro, a actividade seguirá no Concello de Mañón. Pola mañá celebraranse charlas sobre as migracións das aves e a súa conservación, ademais dun paseo ornitolóxico....
leer másA asociación Nordés organiza as xornadas Memoria dun tempo que se celebrarán na Casa da Cultura de O Vicedo os días 22, 23 e 24 de agosto.
O xoves 22 ás 20:00 horas proxectarase o documental El silencio de los otros, galardoado co Goya 2018 e co Premio do Público da Berlinale, entre outros. De seguido haberá un debate con Luís Bará de Iniciativa Galega pola Memoria.
O venres 23 ás 20:00 horas o profesor e investigador Claudio Castro Lage falará de Luciano Pérez Riveira, que foi alcalde durante a II República do Concello de Riobarba (dende 1952 O Vicedo). A partires das 22:00 horas, ofrecerá un recital o músico e cantautor de O Carballiño Andrés Fernández.
E o sábado 24 ás 12:00 horas na ponte vella de O Barqueiro celebrarase unha homenaxe ás persoas represaliadas en xeral e na comarca en...
leer másA consellería de Medio Ambiente e Vivenda, Ánxeles Vázquez foi a convidada de excepción na presentación en Lugo da Romaxe Viquinga do Vicedo unha cita de recreación histórica e cultural que terá lugar os días 26 e 27 de xullo nesta localidade da costa luguesa.
Na cita tamén estiveron presentes o alcalde do Vicedo, Jesús Novo, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro e a deputada, Pilar García Porto en representación da Deputación de Lugo, quen coa Xunta colabora neste evento. Todos coincidiron en convidar ao conxunto da provincia a achegarse esta ponte ata a localidade para gozar con este evento tan singular que rememora o que puido ser a pegada viquinga na costa lucense.
Na presentación en Lugo, que tivo lugar na praza de acceso ao edificio administrativo da ronda da Muralla, a artista Andrea Pousa e...
leer másA IV Romaxe Viquinga de O Vicedo celebrarase os días 26 e 27 de xullo, na praia de Area Grande, en San Román, que será o principal escenario.
O pregoeiro nesta edición será o actor galego Serxio Pazos, e unha das novidades do programa será o espectáculo Terras de Queimada, que terá lugar na noite do venres 26.
O apartado artístico da romaxe correrá a cargo de Enrique Domínguez e Andrea Pousa, Queiman e Pousa, que salientan que a parte do desembarco na praia será máis destacada este ano, despois de que o ano pasado fora moitísimo o público que seguiu o espectáculo desde a area. Tamén salientaron que haberá actividades durante todo o sábado 27, e agradeceron á participación dos veciños do pobo e dos Cabaleiros do Vicedo.
Previamente á celebración desta romaxe, alumnos e alumnas do CEIP DE O...
leer másEl Concello de O Vicedo organiza un curso de teatro que se celebrará del 6 de julio al 6 de agosto en la Casa da Cultura. Estará dirigido por Vittorio Capotorto de Italytime New York.
Podrán anotarse las personas mayores de 18 años y no se requiere experiencia previa en teatro. El curso tendrá lugar si se reúne un mínimo de 5 participantes.
En el curso se afrontará la selección del guión, la lectura y explicación de textos y personajes, la asignación de personajes y la puesta en escena y representación final.
El precio es de 100 euros, y las personas interesadas pueden obtener más información y anotarse en el número de teléfono 610 993 286, hasta el 10 de junio.
O Concello de O Vicedo organiza a XII edición da Ruta de Pinchos que se celebrará os días 26 e 27 de abril e 3 e 4 de maio.
A primeira ruta terá lugar o venres 26 e sábado 27 de abril nos seguintes establecementos: Chiringuito de Abrela, en Suegos, e Restaurante Area Grande e Casa Fanego, en San Román.
Na segunda ruta, que se celebrará o venres 3 e sábado 4 de maio participarán: Cafetería Galatea, Café-Bar San Esteban, La Bodeguita del Puerto, Mesón O Remo e Merendero Los Árboles en Xilloi.
Os locais servirán as súas tapas ao prezo de 2 euros en horario de 20:00 a 23:00 horas.
Haberá Premio ao Mellor Pincho, elixido polo público, e o sorteo de dous xamóns entre tódolos votantes, que serán doados polos establecementos participantes.
A...
leer más












