Aventura
O vindeiro 25 de setembro terá lugar a segunda edición do Orienta Ribadeo, unha actividade de aventura familiar e de balde. A inscrición estará aberta desde hoxe e ata o 21 deste mes.
Desde a OMIX explican que “chega a segunda edición do Orienta Ribadeo co obxectivo de por en valor o noso concello mediante unha actividade innovadora, segura, saudable, participativa e de carácter familiar. A empresa galega Territorio Comanche deseñou para o Concello esta actividade”.
Orienta Ribadeo terá lugar desde as 11.00 horas da mañá do domingo 25 de setembro. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento. O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media e os equipos...
leer másA alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ofrecerá unha recepción aos dous aventureiros que foron desde este municipio ata Noruega en vehículos clásicos, concretamente nun coche Dyane 6 e nunha moto Vespa 200. O acto será mañá, sábado 9 de xullo, a partir das 11 da mañá na praza do Conde Santo e nos baixos da Casa do Concello, onde os protagonistas desta viaxe (Jorge Aguirre e Cefe Martínez), ofrecerán unha charla coloquio na que contarán as experiencias vividas e proxectarán fotografías da aventura.
Esta viaxe, que serviu de promoción para o municipio, foi organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos.
O Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos Lourenzá organizan unha aventura sobre rodas que levará o nome do municipio laurentino ata terras de Noruega, concretamente a Nordkapp. “Dous aventureiros do club de clásicos de Lourenzá emprenderán unha apaixonante viaxe a bordo dun coche Dyane 6 e unha moto Vespa 200 dende a Terra da Faba. A saída dos protagonistas desta aventura está prevista para este sábado, 28 de maio, ás 12:00 horas no Cantón. O venres a partir das 8:00 horas inaugúranse os actos da saída cun espectáculo dun globo aerostático cautivo (estático) no Campo dos Bolos, cortesía de Íkaro Globos (Asturias) que dará publicidade ao evento e que poderá verse ao lonxe, dende os concellos limítrofes”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
A rexedora municipal destaca que “esta acción de promoción turística levará a Lourenzá...
O circuíto de teatro profesional Aparte da Vicepresidencia da Deputación de Lugo fai parada este sábado na Mariña. O Vicedo acollerá a obra “Pinconus” de Hipócrita Teatro, na que a música e o humor xúntanse en escena para narrar as aventuras e desventuras dos protagonistas.
A montaxe, destinada a público de todas as idades, envolve ao espectador nunha viaxe cara un lugar ao que todos queren ir, pero moi poucos se atreven: Pínconus. Sucederanse unha serie de estratexias por parte das personaxes que interpretan Ana Carreira, Carlos Rebolo, Marga Portomeñe e Carlos Coira.
Unha comedia musical para toda a familia que non deixará indiferente a ninguén, con texto e dirección de José Campanari e música de Piti Sanz. A representación será ás 20 horas na Casa da Cultura do Vicedo.
O Concello ribadense organiza unha proba de aventura familiar denominada Orienta Ribadeo. Esta actividade nova, que é gratuíta para os participantes, desenvolverase o día 26 deste mes, domingo.
A concelleira de Mocidade, Mari Luz Álvarez, explicou que “co obxectivo de poñer en valor o noso concello mediante unha actividade innovadora, segura, saudable, participativa e de carácter familiar, a empresa galega Territorio Comanche deseñou expresamente para o Concello esta iniciativa”.
A edil ribadense indicou que “a actividade terá lugar desde as 11.00 horas da mañá do domingo 26 de setembro no auditorio de Cabanela. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento. O tempo...
leer másA ACD Xove organiza unha xornada de actividade multiaventura, que terá lugar o 9 de maio no RoqPark de Viveiro. Está pensada para nen@s e rapaces- zas, dende 1°de Primaria a 2° de BAC.
As actividades serán: circuitos árbores + Karts a pedais, con competicións e carreiras por equipos.
A inscricións poden facerse ata o 6 de maio en www.acdxove.com
Desde a ACD Xove sinalan que “a idea é a de pasar toda unha xornada no RoqPark, así como no Monte San Roque, con posibilidade tamen de organizar unha ruta de senderismo familiar (pais/ fillos), con subida o Penedo do Galo. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono: 618 97 61 59”.
Game Over presenta en el Auditorio Municipal de Ribadeo “un espectáculo único, difícil de clasificar, que aúna diversos campos de las artes escénicas, divertido y destinado a todas las edades”.
Desde la organización señalan que “ahora mismo, en este preciso momento en el mundo deben de estar volando millones y millones de deseos que quieren hacerse realidad. Pedimos deseos de muchas maneras diferentes: soplando las velas del día de nuestro cumpleaños, viendo pasar una estrella fugaz, soplando una pestaña, tirando una moneda en un pozo o soplando una flor de diente de león. Deseamos muchas cosas en muchos momentos de nuestra vida, pero… ¿Dónde van a parar estos deseos? ¿Se cumplen?. ¿Quién los convierte en realidad?”.
Y añaden: “en Blowing viviremos el viaje de una pequeña espora que tiene una misión, cumplir el...
leer másO Concello de Trabada organiza unha excursión ao parque de aventura Roq Park, en Viveiro.
A actividade terá lugar o día 6 de setembro. A saída será ás 15:00 horas e o regreso ás 20:00 horas.
As persoas interesadas poden realizar as inscricións nas oficinas administrativas municipais ou chamando ao número de teléfono 982 135 011 ata o 3 de setembro. Os prezos son: 15 euros para os menores de 12 anos e 20 euros para os maiores de 12 anos.