Saborea
29/07/2022
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou a posta en marcha da segunda edición do programa provincial Saborea a túa provincia, que percorrerá nove concellos da provincia durante as fins de semana ata o 2 de setembro. Pantón acollerá este sábado, 30 de xullo, a primeira parada destas xornadas gastronómicas e de lecer que promove a institución, unha cita gratuíta que tamén pasará polos concellos de Chantada, este domingo 31 de xullo, e Taboada, Trabada, O Valadouro, Vilalba, A Fonsagrada e Navia de Suarna ao longo do mes de agosto. Será o concello de Pol o que peche o programa o venres 2 de setembro.
Os xardíns do Pazo de San Marcos acolleron esta presentación, na que tamén estiveron presentes os alcaldes e alcaldesas dalgúns dos concellos participantes. José Tomé lembrou que co...
leer más 06/08/2021
Ata A Mariña viaxará esta fin de semana o autobús do Saborea,“ao redor do que se organizarán charlas, degustacións de produtos, demostracións culinarias da man de cociñeiros e cociñeiras da provincia, haberá obradoiros para os pequenos, maxia e sorteos”, indica a Deputada.
No autobús-cociña será onde profesionais da asociación provincial de cociñeiros e cociñeiras de Lugo elaborarán receitas con produtos típicos de cada zona. Utilizarán alimentos con distinción da súa calidade polo selo Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida, como a Faba de Lourenzá, a Pataca Galega, o Pemento de Mougán, o Lacón, a Tarta de Santiago, o Mel de Galicia ou o queixo San Simón da Costa; e tamén empregarán nas súas elaboracións razas autóctonas como o Porco Celta, a Galiña de Mos ou o Vacún Galego....
leer más