O Vicedo

Etiquetas:
04/05/2016
A IX Ruta de Pinchos de O Vicedo terá lugar os días 7, 8, 13 e 14 de maio. Está organizada polo Concello e conta coa colaboración da Acia.
 
Este sábado, día 7, e o domingo, día 8, comeza en O Vicedo a Ruta dos Pinchos 2016 que este ano cumpre a súa IX edición e na que participan dez establecementos.
 
Esta ruta continuará os días 13 e 14 e maio. Os pinchos ao prezo de 1´5 euros serviranse os venres e sábados de 20:00 a 23:00 horas e o domingo de 12:00 a 15:00 horas. O público elixirá o mellor pincho e entre todos os votantes sortearase un vale de compra de 200 euros doados polos establecementos participantes. 
 
A entrega do premio do público ao mellor pincho e o sorteo do vale de compra terá lugar o día 16 de maio ás 18:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo. Organiza esta cita gastronómica...
leer más
Etiquetas:
17/02/2016
Nordés Faladora organiza un obradoiro de iniciación á fotografía na Casa da Cultura do Vicedo os días 26 e 27 de febreiro.
 
Os organizadores sinalan que “de seguro que a moitos e moitas nos regalaron este nadal unha cámara fotográfica. Ou que a teñamos gardada nun caixón porque o noso móbil é o que usamos para facer fotos. Si é así estás de noraboa. Nordés organiza un obradoiro gratuíto dedicado á fotografía para que lle saques partido a ese regalo ou inversión. Un obradoiro que che vai descubrir as posibilidades superiores dunha cámara dixital ou analóxica fronte á do teléfono, co cal vas a facer mellores tomas e, o que tamén é moi importante, disfrutar ó facelas e tratalas”. 
 
Desde Nordés Faladora engaden que “para elo tan so precisas apuntarte canto antes ó obradoiro, pois ten en conta que tan so hai 15 prazas, as cales cubriranse por orde de...
leer más
03/11/2015
Nordés Faladora organiza un "Obradoiro de comunicación escrita", que se celebrará o 14 de novembro na Casa da Cultura do Vicedo.
 
O "Obradoiro de comunicación escrita", está dirixido a persoas con fluidez expresiva en galego oral, e que se desenvolverá nunha sesión presencial o sábado 14 de novembro, cunha fase previa de traballo persoal en rede entre o 7 e o 13 deste mes.
O prazo de inscrición péchase o 6 de novembro ás oito da tarde. As persoas interesadas poden mandar un email a asociacion.nordes@gmail.com ou no teléfono 653 75 64 54 (Ricardo).
 
Desde a organización preguntan “¿Falas galego? Falas galego con fluidez expresiva? E como se che da o escribilo? Manéxaste co galego nas redes? Se a túa resposta é un si ás primeiras preguntas, pero nin un "ben", nin un sí ás...
leer más