
A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá un curso de croma e de edición de vídeo. Será os venres desde o día 3 de xullo ata o 4 de setembro.
“Buscas unha actividade divertida e útil para os teus fillos este verán? Na Aula CeMIT da Casa da Cultura axudámoslles a converterse en auténticos creadores de contido”, anuncia o Concello de O Vicedo.
É para nenos e nenas a partir de 10 anos e desenvolverase todos os venres do 3 de xullo ao 4 de setembro de 11:00 a 13:00 horas. É de balde e as prazas son limitadas. As inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.gal.


