O Vicedo acolle este xoves, 1 de outubro, o obradoiro “Fotoconto” para alumnado de Primaria

Este xoves, día 1 de outubro, ás 17:15 horas na Casa da Cultura do Vicedo vaise celebrar un obradoiro para nenos e nenas de Educación Primaria que se titula Fotoconto e consiste na creación de historias e ilustracións coas súas propias imaxes, anuncia o Concello de O Vicedo, que aclara: “as fotografías que se utilicen serán para uso interno da actividade non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin internet”.

A actividade está aberta tamén a nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade doutros concellos.