O auditorio municipal de Ribadeo acolle o Festival Contra o Cancro este venres, 30 de maio

A Asociación Española Contra el Cáncer Lugo anuncia a celebración do Festival Contra o Cancro en Ribadeo este venres, día 30 de maio. Será no auditorio Hernán Naval ás 20:00 horas.

Actuarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, o Coro Sagrado Corazón, EnraizHadas e Maktub.

O prezo da entrada é de 6 euros e tamén hai fila cero, para que as persoas que queren colaborar e non poden asistir ao festival se sumen coa achega económica que elixan.

Para calquera dúbida ou aclaración as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982.25.08.09 ou enviar un correo electrónico á dirección lugo@contraelcancer.es.