Rinlo

Etiquetas:
10/02/2017

O restaurante A Mirandilla, de Rinlo, reabriu hoxe, venres, despois dunha importante renovación das súas instalacións. Ademais para o día 23 deste mes, xoves, preparan unha cea especial cun menú degustación, evento para o que contarán coa colaboración dos prestixiosos chefs Diego López, do restaurante La Molinera, de Lalín, que foi elixido mellor cociñeiro galego no Fórum Gastronómico do ano 2014, e Iván Domínguez, que é o director gastronómico do Grupo Alborada e conta cunha estrela Michelín. Estes dous chefs traballarán ese día en A Mirandilla xunto cun dos cociñeiros deste restaurante, David Rodríguez Moledo.

A renovación que foi estreada hoxe incluíu o cambio de todo o mobiliario dos comedores, nova decoración, mantelería e uniformes para o persoal, o que supuxo un investimento de máis de 9.000 euros. “Fíxose para darlle un novo aire...

leer más
Etiquetas:
04/01/2017
O Coro da Mariña ofrecerá un concerto o 7 de xaneiro na Igrexa de Rinlo. Será a partir das seis da tarde.
 
O Coro da Mariña ofrecerá o seu primeiro concerto do ano o sábado, 7 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Igrexa de Rinlo. O prezo da entrada será a vontade dos espectadores-as.
 
O Coro da Mariña está composto por xentes oriúndas de gran parte da costa mariñá como Ribadeo, Rinlo, Barreiros, San Miguel, Vilaronte e Cervo, e do occidente de Asturias como Tapia e Vegadeo.
 
Neste concerto o Coro contará cunha convidada de excepción: Lidia Luna, contadora de contos e psicóloga que xa participou noutro concerto do coro este verán en Espasande. Lidia Luna é unha madrileña cun pé na Illa de Arousa, é unha namorada da Mariña e Ortegal e boa coñecedora do traballo social que están a facer os directores Ugía Pedreira e Pierrot Rougier, a través da música...
leer más
Etiquetas:
26/03/2016
O restaurante A Cofraría de Rinlo presentou a súa propia cervexa artesá. Chámase "Salgadiña" e entre os seus ingredientes ten auga de mar.
 
Cun acto celebrado na tarde noite de onte, venres, o restaurante A Cofradía de Rinlo, que é famoso polo seu arroz caldoso de marisco, presentou a súa propia cervexa artesá, chamada Salgadiña e que entre os seus ingredientes ten auga de mar, pero tamén leva auga, malta, lúpulo e fermento. Os promotores desta nova bebida, que polo de agora só se pode mercar na Cofradía de Rinlo, son o produtor de cervexas artesás, Alberto Curiel; o propietario do restaurante, Gerardo Martínez, e David Alvariño, amigo de ambos que foi o que tivo a idea, o que os puxo en contacto e o que deseñou as tres etiquetas diferentes que teñen as botellas de Salgadiña.
 
Alberto Curiel, lucense que é o produtor da cervexa artesá Aloumiña, explicou que ten en...
leer más
Etiquetas:
21/10/2015
Este sábado, 24 de outubro, preséntase en Rinlo o Coro da Mariña, que dirixen Ugía Pedreira e Pierrot Rougier, tras varias semanas buscando voces.
 
A compositora e cantora Ugia Pedreira xunto co artista bretón Pierrot Rougier e sua picariña Lua Avel chegaron ao característico pobo de Rinlo e ali falaronlles do desaparecido coro rinlego. Foi entón que amizades da Mariña próximas aos artistas apuxaronnos e animaronnos à idea de que fosen eles quenes promoveran un coro diferente e mixto parar a comarca e occidente de Asturies.        
Recollendo diversos pareceres puxeronse maos a obra, e desde o bon facer e entender da As. O Cantal de Veciños de Rinlo é agora que se abre  a convocatoria de voces para o futuro Coro da Mariña que terá como local de xuntanza  a Escola Vella de Rinlo, a antiga escola indiana.  
Faise pois unha chamada pública a quenes queiran animarse a cantar en...
leer más
Etiquetas:
16/07/2015
O 1 de agosto celébrase a XII Festa do Percebe, en Rinlo. En total poranse á venda 700 quilos deste produto.
 
O vindeiro 1 de agosto celebrarase a XII Festa do Percebe, en Rinlo. No evento, que foi presentado mañá, poranse á venda arredor de 700 quilos de percebe, que se venderán a 13 euros a ración (de 250 gramos). O Concello coorganiza a festa xunto coa confraría de pescadores. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que sexa un éxito.
O rexedor dixo que “por décimo segunda vez estamos aquí nesta iniciativa inventada hai algún tempo, igual que o Ribadeo Indiano e que outras tantas cousas, pero aquelas que se crean e que funcionan ben hai que seguir traballando nelas. Se cadra ao principio o Concello dirixiu a Festa do Percebe durante aqueles primeiros anos, pero xa desde bastante tempo atrás estámola coorganizando coa confraría de pescadores de Ribadeo, concretamente coa sección de...
leer más
Etiquetas:
09/07/2015
Xeorutas das Catedrais e de Rinlo, organizadas polo Concello de Ribadeo. Son gratuítas e darán comezo o 15 de xullo.
 
O Concello de Ribadeo presentou esta mañá dous itinerarios de rutas xeolóxicas ao longo da praia das Catedrais e da costa de Rinlo, coas que quere mellorar os coñecementos dos visitantes sobre a orixe e as peculiaridades xeomorfolóxicas do seu litoral. O proxecto, listo para os visitantes a partir do día 15 de xullo, consiste en dous roteiros gratuítos a cargo de tres guías formados expresamente para esta tarefa dende o pasado inverno.  Os interesados en participar na iniciativa poderán apuntarse tanto a pé de praia e en Rinlo uns minutos antes de comezar a ruta, así como na oficina de turismo da vila e no punto de información turística das Catedrais. Ademais, tamén se poderá facer a inscrición na páxina web do Concello. Os grupos serán dun máximo de 15 persoas. O Concello agarda xuntar 510 persoas  á semana na...
leer más