Rinlo (Ribadeo) celebra as festas de San Pedro e do Carme os días 4 e 5 de xullo

A parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro e á Virxe do Carme os días 4 e 5 de xullo, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas cunha churrascada que terá lugar nunha carpa cuberta. A continuación haberá festa verbena coa orquestra Salsarena.

E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Salsarena e con degustación gratuíta de xamón cocido. Desde as 17:30 horas haberá actos para os nenos con festa da espuma, inchables e outras actividades. E a partir das 22:00 horas a verbena estará amenizada pola orquestra Salsarena e o dúo La Hora Bruja.