Actividades
O obxectivo da organización “é enxalzar o Antroido tradicional, a súa esencia, baseada en tres figuras características desta celebración en Ribadeo: a Mascarita (ese personaxe espontáneo, satírico e humorístico tan propio do noso acervo cultural e tan esquecido ao mesmo tempo,) o días do Cocho e da Queima. Queremos centrarnos nestes elementos diferenciadores e relevantes da tradición carnavaleira ribadense”, subliñou a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz.
A edil contou que “a programación arrincará o día 3 de febreiro coa celebración da Gala do Antroido, que estará dedicada á música e na que participarán moitas asociacións e colectivos de Ribadeo. O día 4 terá lugar unha homenaxe a Alfonso Rodil e a todas aquelas persoas que formaron parte de diferentes comisións organizadoras e que xa non están entre nós. Tamén será homenaxeado...
leer másO 2 de xaneiro volven celebrarse actividades para nen@s, con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, para pasar unha tarde divertida a cargo de Bea, voluntaria do Taller de Manualidades, como aconteceu hai uns días.
O horario será o seguinte:
- Nen@s de 3 a 9 anos, dende as 16 ás 18 horas.
- Nen@s de 10 a 14 anos, dende as 17 ás 19 horas.
O lugar de celebración destas actividades será o Local do Antigo Matadoiro.
Os nen@s ata 6 anos deben estar acompañados dun adulto.
Para presentar a solicitude de participación será preciso poñerse en contacto cos Servizos Xerais ou na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro no teléfono
982574000 e 982571516 respectivamente. Informa da ampliación do prazo de inscrición a Concellería Delegada de Asuntos...
A Fundación Expomar celebrou a súa última reunión do ano 2023, na que fixo balance dos últimos meses e traballou xa coa mirada posta nas súas actividades para 2024 e 2025.
“Aprobouse o Plan de Acción do 2024 e analizáronse as actividades realizadas en 2023, como as xornadas técnicas, o encontro empresarial, e a Feira Nautico Pesqueira, ademais doutras accións realizadas, como a presenza en feiras como Sinaval ou Expomar Cabo Verde”, explica o concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández.
“Resaltouse o éxito da celebración do día do Orgullo Mariñeiro celebrado este mes de decembro, e que o Padroado aposta por seguir impulsando, e destacouse a participación no Foro de Turismo de Huelva e na asemblea fundacional da Rede Nacional de Turismo mariñeiro celebrada en Isla Cristina (Huelva)”, sostén pola súa parte a...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, anunciaron hoxe, xoves, a nova programación formativa do centro para o vindeiro mes de xaneiro. Deron conta de catro novas actividades: dous cursos, para os que xa está aberta a inscrición, a presentación dunha novela e unha charla.
Por un lado presentaron dous cursos de extensión universitaria: un curso preparatorio de Celga 3 e 4, que se celebrará do 10 de xaneiro ao 20 de marzo de 16:00 a 18:30 horas, nas modalidades presencial ou online, en directo ou en diferido; e un curso para opositores que se denomina Nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, que terá lugar do 11 ao 18 de xaneiro de 16:00 a 20:00...
leer másHaberá actividades lúdicas para nen@s de 3 a 12 anos do 26 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 10 a 13 horas. Será na Casa da Cultura.
A Inscrición puido realizarse do 20 a 22 de decembro (incluídos) de 11:00h. a 13:00h e de 17:00 a 19:00h de luns a venres, na Casa da Cultura ou a través da sede electrónica do Concello do Valadouro (ata o 22 de decembro de 2023 ás 23:59h)
Bases https://cutt.ly/mwDL6jC1
Modelo de inscrición https://cutt.ly/LwDZog5a
O Concello de Viveiro presenta a súa programación para estas festas de Nadal cunha oferta de actividades variada, ampla e con opcións para todas as idades. Á longa lista de propostas súmase tamén o Belén ‘Viveiro ante o Berce’, considerado un dos máis importantes de Galicia, que se pode visitar dende o pasado día 5 de decembro.
“Con esta programación chea de actividades para todas as idades agardamos que Viveiro se encha unha vez máis de visitantes de toda a comarca e de toda Galicia, co impulso que isto supón para o noso comercio e a nosa hostalaría” afirma a alcaldesa María Loureiro.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, reafirmou o compromiso do Goberno local “coa cultura, especialmente a cultura en galego, para celebrar estas datas tan sinaladas cunha oferta diversa e para todos os...
leer másOs días 26 de decembro e 2 de xaneiro haberá actividades para nen@s, con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, para pasar unha tarde divertida a cargo de Bea, voluntaria do Taller de Manualidades.
Para a rapazada de 3 a 9 anos o horario será de 16 a 18 horas e para as mozas e mozos de 10 a 14 anos será de 17 a 19 horas. Os nenos e nenas de ata seis anos deberán estar acompañados dunha persoa adulta. O lugar de celebración é o local do antigo matadoiro.
Para presentar a solicitude de participación será preciso poñerse en contacto cos Servizos Xerais ou na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro no teléfono 982.57.40.00. e 982.57.15.16 respectivamente.
Informa desta convocatoria a Concellería de Asuntos Sociais do Valadouro.
O Concello de Cervo programa para as festas de Nadal unha axenda chea de eventos e actividades para todo tipo de públicos en colaboración con diferentes asociacións do municipio.
A programación de Nadal arrincará este mesmo sábado 16 de decembro co Mercado de Nadal que terá lugar na Praza do Souto, en Cervo, da man de A Morena e o Concello de Cervo, en horario de 11:00 a 20:00 horas e estará amenizado por Fol do Raxal e Zé Pequeño; no que haberá moitas sorpresas. Ademais, será o escenario no que se entregarán os premios do certame de postais celebrado polo Concello de Cervo, cun agasallo para cada un dos máis de trinta pequenos/as que participaron.
O 21 de decembro o mesmísimo Papá Noel estará de visita nos dous colexios e na Escola Infantil.
O venres, 22 de decembro, haberá un concerto...
leer másO alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron o programa de actividades do Concello para este Nadal 23-24, que se desenvolverán desde o 20 de decembro ata o 5 de xaneiro.
O mércores 20 comezará a programación coa actividade Un Nadal de cores, que será no pavillón municipal de deportes ás 18:00 horas. Ao día seguinte ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico o grupo de teatro de Aspanane representará a obra “Contra o reloxio”. O venres 22 ás 17:00 horas actuará un DJ infantil no pavillón municipal de deportes e á tardiña Papá Noel visitará a residencia de maiores San Bartolomeu e despois irá ao pavillón polideportivo, onde haberá chocolatada. O mesmo día ás 20:30 horas no salón de actos do Centro Cívico celebrarase a V Gala do Emprendemento Local. Para o sábado 23 está programado o...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, presentaron hoxe, venres, a nova programación formativa para este mes de decembro, que inclúe tres cursos.
Deron conta de tres novas actividades abertas a todo o público, apostando por estes cursos para poder ofrecer coñecementos sobre temas tan interesantes como os que se detallan a continuación e para os que está aberta a inscrición:
- Francés Básico. Nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) equivalente ao (DELF A2), os venres do 1 de decembro ao 22 de marzo de 17:00 a 19:30 horas. (Presencial e online).
- MULLER. Falamos claro, do 11 ao 19 de decembro (luns e martes) de 18:00 a 20:30 horas. (Presencial e online).
- Curso para opositores: nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a lei...
leer más