Actividades
Todo está listo en Ribadeo para a celebración do Antroido 2026. O groso do programa desenvolverase entre o 14 e 21 de febreiro.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, anuncia: “vimos de presentar o cartel e o programa do Antroido 2026 en Ribadeo. Aínda que o groso do programa terá lugar entre o 14 e o 21 de febreiro xa este sábado e este domingo teremos fereixós na Sala do Campo de 11 a 14 horas”.
A edil ribadense indica que “o día 14 teremos a gala Tu cara me suena con amor, na que se renderá homenaxe aos 40 anos da charanga A Choca. Será a partir das 21:00 horas no Cine Teatro. O domingo 15 sairá o cocho acompañado polas charangas locais Aturuxo e A Choca, esa xornada haberá tamén fereixós e baile infantil na sala Rosa Lar”. Saiz segue a relatar que “o luns 16 haberá cocido do Antroido nunha...
leer másO Concello de Mondoñedo vén de presentar a programación do Entroido 2026, que se celebrará do 7 ao 21 de febreiro, cun calendario festivo que “combina tradición, gastronomía e espectáculos musicais e que conta coa colaboración do Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo e da AC Pasatempo. Veciñanza e visitantes poderán gozar durante dúas semanas dunha oferta pensada para todos os públicos”.
“A programación arrinca este sábado, día 7 de febreiro, co IV Cocido Baile O Pasatempo, amenizado polo Dúo EPO-K e o Trío Merengue na Finca San Antonio. As persoas interesadas poden consultar prezos directamente coa organización. O venres 13 de febreiro celebrarase a tradicional Cea de Comadres no Círculo Recreativo Casino, unha cita xa consolidada no calendario festivo mindoniense. A información sobre prezos deberá solicitarse á entidade organizadora. O...
leer másO Concello de Viveiro convida á veciñanza a participar no Entroido 2026, cunha programación “chea de actividades para todos os públicos que se desenvolverá do 12 ao 18 de febreiro. Cultura, música, humor e tradición encherán as rúas do municipio durante toda a semana”.
O xoves 12 será o pregón de Carnaval no Teatro Pastor Díaz e Tapeo de Comadres. O venres 13 haberá obradoiros infantís e Música e Palabra, a cargo do grupo de teatro Andanzas. Para o sábado 14 está programada unha actuación do DJ Karras Martínez na Praza Maior, Pasarrúas do Entroido e Alpuxarradas. O domingo 15 haberá Entroidiño para a cativada. O luns 16 celebrarase a II Festa do Entroido en colaboración coa Comisión de Festas de Viveiro. O martes 17 será o tradicional Desfile de Entroido con concurso de disfraces. E o mércores 18 rematarán as actividades con Adeus...
leer másO Concello de Trabada, en colaboración coa Asociación Cultural O Picato, organiza o Entroido de Trabada, “unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo municipal, que terá lugar o sábado 28 de febreiro e que converterá novamente o centro da vila nun espazo de festa, participación e convivencia”. Haberá desfile e verbena.
O Concello de Trabada asume nesta edición o papel de organizador principal dun evento que “cada ano reúne a centos de persoas, tanto veciñanza do municipio como visitantes doutras localidades, consolidándose como unha cita imprescindible do Entroido na comarca”.
A programación comezará ás 18:00 horas co tradicional desfile de disfraces, no que poderán participar carrozas, grupos, comparsas, charangas, parellas e participantes individuais. As inscricións poderán realizarse de xeito...
leer másO alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación especial para o vindeiro Entroido 2026. “As actividades comezarán o 13 de febreiro cun gran baile infantil de disfraces. Pero será o sábado día 14 de febreiro, a partires das 17:00 horas, cando chegue o prato forte do Entroido en Xove: o gran desfile de carnaval polas rúas, con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de cinco mil euros para os mellores disfraces e comparsas”, anuncia o Concello de Xove..
As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse na páxina web do Concello de Xove: www.xove.es.
Despois do desfile dará comezo a festa de Entroido no pavillón municipal de deportes, onde se coñecerán ós/ás gañadores/as...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Xove ten programadas actividades de Entroido para os días 13 e 14 de febreiro, venres e sábado.
O venres 13 ás 17:30 horas haberá baile infantil de disfraces con animación no pavillón municipal.
E o sábado 14 ás 17:00 horas será o desfile de Entroido polas rúas de Xove, amenizado coa Charanga Europa. Despois haberá festa con Disco Móbil Conxuro no pavillón municipal, onde se entregarán os premios do concurso de disfraces nas seguintes categorías: carrozas, comparsas e grupos de 10 ou máis persoas, grupos de adultos de 3 a 9 persoas, parellas adultos, individuais adultos (+14 anos), disfrace máis orixinal (pode ser individual ou colectivo), grupos infantís de 3 a 9 persoas, parellas infantís, individuais infantís (-14 anos), participante máis maior, participante máis novo/a e...
leer másO Concello de Ribadeo organiza moitas actividades para pasar este Nadal en familia.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explica: que “hoxe, luns, e mañá, martes, na carpa instalada no parque de San Francisco teremos actividades infantís gratuítas pola mañá e pola tarde en horario de 12 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. As nenas e os nenos que se acheguen ata alí poderán gozar de chan interactivo, obradoiros e interactive dance mats”.
A concelleira de Familia, Elena Sierra, conta que “o cine tamén está presente na programación de Nadal do Concello de Ribadeo. Hoxe teremos as proxeccións de Tom e Jerry e tamén El gran premio, a partir das 17:00 horas en Cinelandia. E mañá, martes, San Simón e Bob Esponja, tamén ás cinco da tarde. O prezo da entrada é de 2 euros”.
...
leer másO Concello de Viveiro presenta a programación especial de Nadal, con actividades que se desenvolverán ata o 5 de xaneiro. O calendario inclúe propostas culturais, musicais, deportivas e de lecer, así como actividades dirixidas á conciliación familiar, co obxectivo de ofrecer alternativas para todos os públicos.
Este venres, día 19 de decembro, abrirá o Mercado de Nadal A trastenda de Nicomedes ás 17.00 horas na Sala Multiusos da Casa do Concello. E haberá a cea de Nadal da Comisión de Festas de Viveiro no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas ás 21.30 horas.
O sábado 20 disputarase unha proba da Copa Galicia de Ciclocross en Lavandeiras (Celeiro), a partir das 11.00 horas; celebrarase o Festival de Nadal da Unidade Pastoral de Viveiro ás 17.00 horas nos Claustros de San Francisco; e haberá o concerto ...
leer másO Concello de Burela anuncia que a chegada das datas de Nadal trae consigo un calendario cheo de propostas que combina cultura e celebracións abertas á veciñanza en Burela.
O primeiro encontro terá lugar este sábado, 13 de decembro, na praia da Marosa, onde o Burela Surf Club convoca unha actividade aberta a partir das 16:30 horas. Haberá unha pequena sesión de surf con gorro de Papá Noel acompañada de chocolate quente, unha proposta gratuíta á que pode sumarse calquera persoa, aínda que non practique surf.
O mércores 17 ás 20:00 horas o Auditorio Municipal acollerá o Concerto de Nadal da Escola de Música de Burela e o 19 de decembro ás 21:00 horas o Grupo de Teatro A Adala porá en escena o espectáculo para adultos Marina Club. O día 20 celebraranse o Concerto de Panxoliñas da Coral Polifónica de Burela e...
leer másO Concello de Viveiro porá en marcha este Nadal o programa Divernadal’25, unha proposta de actividades de lecer dirixida a nenos e nenas de Educación Primaria. O programa desenvolverase os días 22, 23, 24 e 26 de decembro no pavillón Antonio Tarrío, en horario de 10.30 a 13.30 horas.
“O Divernadal’25 ten como finalidade ofrecer un espazo de xogo e convivencia durante as vacacións de Nadal, con actividades adaptadas ás idades do alumnado de Primaria”, anuncia o Concello de Viveiro, que engade: “as persoas interesadas poden inscribirse nos formularios que poden descargarse na web municipal ou recollerse na Conserxería ou na OMIX. O total de prazas ofertadas é 60. O prazo de inscrición remata o venres 12”.












