O Entroido celebrarase en Xove os días 13 e 14 de febreiro. O desfile repartirá máis de 5.000 euros en premios

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación especial para o vindeiro Entroido 2026. “As actividades comezarán o 13 de febreiro cun gran baile infantil de disfraces. Pero será o sábado día 14 de febreiro, a partires das 17:00 horas, cando chegue o prato forte do Entroido en Xove: o gran desfile de carnaval polas rúas, con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de cinco mil euros para os mellores disfraces e comparsas”, anuncia o Concello de Xove..

As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse na páxina web do Concello de Xove: www.xove.es.

Despois do desfile dará comezo a festa de Entroido no pavillón municipal de deportes, onde se coñecerán ós/ás gañadores/as dos premios do concurso.