Viveiro terá actividades de Entroido desde o día 12 ata o 18 de febreiro

O Concello de Viveiro convida á veciñanza a participar no Entroido 2026, cunha programación “chea de actividades para todos os públicos que se desenvolverá do 12 ao 18 de febreiro. Cultura, música, humor e tradición encherán as rúas do municipio durante toda a semana”.

O xoves 12 será o pregón de Carnaval no Teatro Pastor Díaz e Tapeo de Comadres. O venres 13 haberá obradoiros infantís e Música e Palabra, a cargo do grupo de teatro Andanzas. Para o sábado 14 está programada unha actuación do DJ Karras Martínez na Praza Maior, Pasarrúas do Entroido e Alpuxarradas. O domingo 15 haberá Entroidiño para a cativada. O luns 16 celebrarase a II Festa do Entroido en colaboración coa Comisión de Festas de Viveiro. O martes 17 será o tradicional Desfile de Entroido con concurso de disfraces. E o mércores 18 rematarán as actividades con Adeus Xoubíña! e Enterro da Sardiña.

Ademais do 14 ao 21 de febreiro poderá visitarse a unha exposición de traxes do Entroido de Viveiro na Biblioteca Municipal.