O Concello de Xove programa actividades de Entroido para os días 13 e 14 de febreiro

A Delegación de Cultura do Concello de Xove ten programadas actividades de Entroido para os días 13 e 14 de febreiro, venres e sábado.

O venres 13 ás 17:30 horas haberá baile infantil de disfraces con animación no pavillón municipal.

E o sábado 14 ás 17:00 horas será o desfile de Entroido polas rúas de Xove, amenizado coa Charanga Europa. Despois haberá festa con Disco Móbil Conxuro no pavillón municipal, onde se entregarán os premios do concurso de disfraces nas seguintes categorías: carrozas, comparsas e grupos de 10 ou máis persoas, grupos de adultos de 3 a 9 persoas, parellas adultos, individuais adultos (+14 anos), disfrace máis orixinal (pode ser individual ou colectivo), grupos infantís de 3 a 9 persoas, parellas infantís, individuais infantís (-14 anos), participante máis maior, participante máis novo/a e conxunto máis numeroso.

O Concello de Xove tamén anuncia que “aqueles/as que se inscriban antes do 13 de febreiro obterán un agasallo. E é imprescindible ir ataviados/as co disfrace no momento da entrega de premios”.